Gael García Cochón, nado en Vigo o 30 de outubro de 1981, é un publicista galego. Desde 2024 encárgase da área de márketing, comunicación e estratexia dixital do Real Club Celta de Vigo. Traxectoria Gael García é Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Comezou a traballar en comunicación no xornal dixital Vieiros, onde levou información de carácter deportivo. Despois mudou a traballar en publicidade como responsábel de marca e comunicación dixital da extinta caixa de aforros Caixanova en 2008, e até 2015 no banco herdeiro, ABANCA. En 2017 comezou a traballar para o Celta de Vigo como responsable de contidos, e en 2024 pasou a ser director de márketing en substitución de Maruxa Magdalena Seoane. Foi o cordinador e conceptualizador do Centenario.

Premios Terceiro posto nos Premios Nacionais de Marketing da Asociación Española de Marketing, na categoría de Marca (2018).

Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia á Mellor Estratexia de Comunicación no Centenario do Celta de Vigo (2023). Ademais, "Oliveira dos cen anos" acadou diversos premios no Premio Nacional de Creatividade 2024 (Ouro á Mellor Estretexia, Ouro á Mellor Realización, Ouro á Mellor Dirección de Fotografía, Ouro ao Mellor Son e Música, Prata ao Mellor contido sonoro, Prata á Mellor Dirección de produción, Prata aos Mellores Efectos especiais e Bronce á Mellor Idea) e mais o Premio Mestre Mateo 2024 da Academia Galega do Audiovisual ao Mellor Videoclip. Notas

Véxase tamén Outros artigos Centenario do Celta de Vigo Oliveira dos cen anos

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Publicistas