Os Ceratopsia son un grupo de dinosauros herbívoros con cornos e pico ou peteiro da orde Ornithischia. Prosperaron no que hoxe é América do Norte e Asia, durante o período Cretáceo, aínda que algunhas formas ancestrais deste grupo viviron antes, no Xurásico. Os primeiros membros, como Psitacosauro, eran pequenos e bípedes, e o Triceratops é o máis coñecido e un dos de maior tamaño. miniatura|220x220px| Un ceratopsiano temperán: Psittacosaurus|esquerda

miniatura| Vista lateral do esqueleto de Triceratops horridus, Museo Senckenberg.|esquerda Evolución e collum miniatura| Protoceratópsido típico: esqueleto de Protoceratops no Wyoming Dinosaur Center.|240x240px Membros posteriores, incluíndo Centrosauro e Triceratops, convertéronse en cuadrúpedes de grande tamaño. Desenvolveron elaborados cornos faciais e un collum, un colar ou volante no pescozo que se pensa que servía principalmente para protexer o pescozo vulnerábel de depredadores bípedes como o Tiranosauro, que atacaba desde arriba.

Posibelmente, o collum tamén se utilizou na exhibición, a termorregulación, a fixación de grandes pescozos e os músculos da mastigación ou algunha combinación destes.

Tamaño Os ceratopsianos variaban en tamaño de 1 metro (3 pés) e 23 quilogramos (50 lb) a máis de 9 metros (30 pés) e 5.400 kg (12.000 lb). Triceratops é, con diferenza, o ceratopsiano máis coñecido polo público en xeral e tamén un dos de maior tamaño.

Notas

Véxase tamén

Cretáceo Ornithischia Triceratops

Categoría:Dinosauros Categoría:Ornithischia