Martín Conde Gómez, nado en Ourense o 25 de marzo de 2003, tamén coñecido como Tincho, é un futbolista galego. Na tempada 2024-25 xoga como lateral esquerdo no Celta Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo.
Traxectoria Martín Conde comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos, cando o seu pai o inscribiu nas filas da Escola Pavillón de Ourense. Con once anos, no seu segundo ano na categoría de alevíns, recalou nas categorías inferiores do Celta.
Após de pasar por todas as categorías inferiores do Celta, debutou co Celta Fortuna o 28 de agosto de 2022 á idade de 19 anos na terceira categoría do fútbol español, a Primeira Federación, nunha derrota por 1 a 2 fronte á UD Sanse. Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado o .
Club País Ano Partidos GolesCelta Fortuna2022-act.666
Notas
Véxase tamén Outros artigos Claudio Giráldez Ourense CF Ligazóns externas Entrevista a Tincho, lateral do Celta B en Celta Media, a canle celtista en Youtube.
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 2003 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Defensas de fútbol