Adèle Haenel, nada o 11 de febreiro de 1989 en Montreuil, é unha actriz francesa. Coñecida popularmente no seu país dende a adolescencia por filmes como Les Diables de Christophe Ruggia e aclamada pola crítica. Foi candidata aos César na categoría de mellor actriz revelación en 2008 e 2012, gañou dous César en 2014 e 2015, o de mellor actriz secundaria en Suzanne e o de mellor actriz por Les Combattants.
O 3 de novembro 2019, Mediapart publicou unha reportaxe sobre a súa relación co director Christophe Ruggia, baseada na rodaxe de Les Diables (2002) e a actriz acusou ao director de tocamentos e de acoso sexual cando tiña entre 12 e 15 anos, e nunha longa entrevista filmada con Edwy Plenel e Marine Turchi reafirmou as súas acusacións, para logo presentar unha denuncia. Moitos observadores consideran que esta intervención de Adèle Haenel constitúe un gran punto de inflexión na emancipación da muller no cinema francés e, en xeral, como unha extensión do movemento MeToo.
Feminista comprometida pola súa elección de papeis e posicións públicas, a súa marcha durante o 45 César, en febreiro de 2020, tras a concesión do César ao mellor director a Roman Polanski —condenado en 1977 nos Estados Unidos por actos sexuais ilícitos cunha menor de 13 anos e con numerosas acusacións de violacións e agresións sexuais nas décadas de 1970 e 1980 - testemuña a división dentro do cinema francés en canto ao status que se debe outorgar aos depredadores sexuais na industria e, de xeito máis amplo, na loita contra a violencia sexual contra das mulleres e dos nenos.
Traxectoria
Mocidade e formación Adèle Haenel naceu nunha vila da metrópole do Gran París e criouse alí. Seu pai, austríaco, traballaba como tradutor e súa nai, como profesora de animación 3D.
Con cinco anos realizou o seu primeiro curso de teatro. e lembra imitar nesa época personaxes de debuxos animados, en especial de Tex Avery. Xa máis grandiña, e máis en serio deu clases de teatro en Montreuil e logo recibiu clases preparatorias económicas e comerciais no Lycée Montaigne de París coa intención de entrar no HEC Paris mais ao final estudou socioloxía e economía na universidade ata o máster.. Paralelamente á súa profesión de actriz, segue estudos de física e bioloxía mariña.
Traxectoria cinematográfica e teatral
Primeiro papel e primeira ruptura co cine (2000-2005) En 2000, con once anos,. Adèle Haenel acompañou ao seu irmán a un casting, e logrou o seu primeiro papel no filme Les Diables, malia ela «non considerar por un segundo facer este traballo».
A película conta o amor incestuoso de dous orfos fuxidos, Joseph (Vincent Rottiers) e súa irmá Chloé (Adèle Haenel), autista non verbal e alérxica ao contacto físico, unha historia inspirada en parte na vida do propio director Christophe Ruggia, quen, coa axuda da súa irmá Véronique Ruggia, traballou durante seis meses antes de rodar cos dous novos actores, co fin de «darlles confianza para que puideran enfrontarse a cousas difíciles: autismo, espertar á sensualidade, nudez, descubrimento do seu corpo». E así, dende a preparación ata a promoción da película, durante «case un ano cando os nenos estiveron desvinculados das súas familias». Finalmente, a película tivo a súa estrea en 2002.
En 2005 Adèle Haenel, agora estudante de secundaria e animada por un familiar no que confiara, decidiu romper todo contacto con Christophe Ruggia. Adèle Haenel relata nesta ocasión «declaracións de amor culpabilizantes» do director, a súa «influencia permanente» e «escenas nas que se se sentira incómoda, soa, na súa casa». En 2019 declarou: «Coñecín este rapaz, comezara a ter sexualidade e a fábula de Christophe Ruggia xa non aguantou». Nese momento, ela dixo que non vira «ningún outro resultado que a morte del ou ela, ou a renuncia a todo», e finalmente tomou a decisión de cortar vínculos coa industria cinematográfica, o que lle deu a sensación de «renunciar a moitas cousas» e «a unha parte de si mesma», así como unha «incomodidade enorme»: depresión, pensamentos suicidas e un «medo visceral para coñecer a Christophe Ruggia». Evoca eses anos «nos que non podía cos nervíos», onde ela non podía «case terse en pé». A súa familia cría daquela que se trataba dunha crise adolescente, pero a súa nai xa sospeitaba algún «abuso» por parte de Christophe Ruggia. Entón decidiu mergullarse «a fondo» en estudos de filosofía, «para que endexamais ninguén volva a pensar no seu lugar». Antes de dar o seu testemuño a Mediapart en 2019 confiou en entrevistas que rodar Les Diables fora para ela un calvario doloroso e que non puidera ver a película, evocando o perigo de «control» do director, o seu poder para «dar forma a un actor», ou incluso unha experiencia «traumática», «incandescente, tola, tan intensa que despois [ela] se avergoñaba dese momento».
Primeiros premios e candidaturas (2006-2012) En 2006 Christel Baras, directora de casting da película Les Diables -que anos despois afirmaría estar «farta desta lea e de recrutala para o filme de de Christophe Ruggia»-, pediulle que interpretase a Floriane, a capitá dun equipo de natación sincronizada en Naissance des pieuvres, o primeiro filme de Céline Sciamma. Ao aceptar o papel, comentoulle a Céline Sciamma dos "problemas" que aconteceran na súa película anterior e falou por primeira volta deste tema. Por este papel, foi candidata nos César de 2008 na categoría de mellor actriz revelación. En 2009 rodou en Suíza o telefilme Déchaînées, dirixido por Raymond Vouillamoz, que gañou múltiples premios en festivais de televisión. En 2011, durante o Festival de Cannes, Haenel protagonizou tres películas en diferentes categorías e foi candidata a "mellor actriz revelación" polo seu papel en L'Apollonide: Souvenirs de la maison close de Bertrand Bonello. En 2012 recibiu o premio Lumière á actriz revelación e o Shooting Star Award da Berlinale.
miniatura| Adèle Haenel en 2014, gañando o seu César ao mellor papel secundario pola súa interpretación na película Suzanne En 2014 logrou o César á mellor actriz de repartición polo seu papel na película Suzanne de Katell Quillévéré e en 2015 recibiu o César á mellor actriz polo seu papel en Les Combattants de Thomas Cailley, así como o premio Romy-Schneider.
A mediados da década de 2010 considerárona a «nova musa do cinema de autor», e comparouse con Isabelle Adjani e Gérard Depardieu.
Cinema independente (2016-2020) A finais de 2016 interpretou unha doutora nova na película La fille inconnue dos irmáns Dardenne. Reescribiron o papel, escrito primeiro para unha personaxe máis vella, despois de coñecela por casualidade. Así, segundo eles, tivo un papel determinante no proxecto: «Sen Adèle Haenel non habería película». esquerda|miniatura| Adèle Haenel e Hannah Herzsprung na estrea austríaca de Les Fleurs fanées (2017). En 2017 protagonizou a película 120 Battements par minute dirixida por Robin Campillo. O 70 Festival de Cannes recibiuna moi ben e gañou o gran premio do xurado, o premio FIPRESCI, a Queer Palm, así como o premio do público no festival de cinema de Cabourg. A actriz interpreta a Sophie, unha militante do grupo de activistas de prevención da sida Act Up-Paris nos anos 90. Este papel valeulle unha candidatura ao César en 2018 ao mellor papel secundario.
En 2018, interpretou unha muller implicada na Revolución Francesa na película histórica Un people et son roi dirixida por Pierre Schoeller.
Durante o Festival de Cannes de 2019, a actriz participou en tres películas: Portrait de la jeune fille en feu de Céline Sciamma, no concurso oficial, Les héros ne meurent jamais de Aude Léa Rapin na Semana da Crítica e Le Daim de Quentin Dupieux, que abriu a Quincena de Realizadores. A prensa sinalou que «estes tres filmes demostran a versatilidade da actriz que gusta das novas experiencias mais permanece fiel a Céline Sciamma que a dirixiu en Naissance des pieuvres». Sobre a película Le Daim a propia Adèle Haenel indicou que tiña «unha gran reserva fronte á ausencia do feminismo nos filmes de Quentin Dupieux» e aceptou o papel despois de asegurarse de que podía reinterpretar a súa personaxe «para que se corresponda coas [súas] ideas feministas». Escrita para ela pola súa antiga compañeira Céline Sciamma, Portrait de la jeune fille en feu conta unha historia de amor no século XVIII entre o seu personaxe de Héloïse, a piques de casar, e a pintora Marianne (interpretada por Noémie Merlant), emerxe segundo ela como a súa película principal, indicando: «É coma se fose o caldo de cultivo dos meus dez anos como actriz».
En 2020, tras o nomeamento de Portrait de la jeune fille en feu os Globos de Ouro, Adèle Haenel asinou coa Creative Artists Agency, a maior axencia de artistas de Hollywood. O 29 de xuño a Academia dos Óscar designouna como un dos 819 novos votantes.
Fin da carreira cinematográfica, elección do teatro En maio de 2022, mentres actuaba nunha obra de teatro en Milán, anunciou nunha entrevista para Il Manifesto a súa decisión de deixar de traballar para cineastas establecidos. Non obstante, indicou dúas excepcións á regra: rodar para Céline Sciamma ou para artistas principiantes. Declarou que se ía dedicar ao teatro e axudar a vítimas de abuso. O seu desexo de afastarse do cinema dominante coincidiu coa súa saída da nova película de Bruno Dumont, L'Empire un proxecto que considerou intencionadamente racista e reaccionario, cunha trama argumental chea de chistes sobre a cultura da cancelación e a violencia sexual e un desprezo deliberado «ás vítimas e persoas en situación vulnerable».
En maio de 2023 confirmou nunha carta aberta a Télérama que remataría definitivamente a súa carreira no cinema, despois de catro anos de ausencia, para denunciar «a compracencia xeral da profesión cara aos agresores sexuais e [...] a forma en que este ambiente colabora coa mortal orde ecocida racista do mundo» e denunciou que o papel do cinema na sociedade era «facer que a orde burguesa sexa tan natural como o azul do ceo» e declarou que «continuar a considerar este sistema desexable é criminal».
Privacidade Adèle Haenel afirmouse lesbiana durante o discurso que pronunciou o 28 de febreiro de 2014 tras recibir o César á mellor actriz de repartición pola película Suzanne de Katell Quillévéré e despois fixo pública a súa relación coa directora Céline Sciamma, coa que filmou por primeira vez en Naissance des pieuvres. As dúas separáronse amigablemente en 2018, antes de comezar a rodaxe de Portrait de la jeune fille, a súa segunda película xuntas, e seguiron sendo amigas despois. Haenel declarou en abril de 2022 ao diario italiano Il manifesto que a única cineasta consagrada coa que podería considerar traballar de novo no cine era Sciamma «porque a nosa relación vai máis aló do traballo, pero terá que ser noutro sistema económico».
Affaire de Christophe Ruggia O , Mediapart publicou unha nova na que Adèle Haenel acusaba ao director Christophe Ruggia de sobala e acoso sexual cando tiña entre 12 e 15 anos. Ao día seguinte, a Sociedade de Directores de Cinema someteu ao realizador a un procedemento de exclusión, mentres Haenel deu a Mediapart unha longa entrevista en vídeo para explicar por que estaba a romper o silencio. Despois de declarar durante a investigación «a xustiza ignóranos, nós ignoramos a xustiza», explica a continuación os motivos polos que non quixo presentar unha denuncia contra Ruggia, por considerar deficiente a xustiza en canto á consideración e tratamento da violencia machista e sexual: «Hai violencia sistémica contra as mulleres no sistema de xustiza. O sistema xudicial menospreza as mulleres. Os tribunais condenan unha de cada dez violacións, que significa iso para as outras nove? Por todas estas vidas? Para min, é en gran parte por elas que fago isto hoxe».
Non obstante, a fiscalía fíxose cargo do caso polos cargos de acoso sexual e agresión sexual. O 26 de novembro, tras unha comparecencia xudicial, Haenel finalmente decidiu presentar unha denuncia e, o 20 de xaneiro de 2020, acusouse a Ruggia.