Demofonte ou Demofoonte (en grego: Δημοφῶν) foi, na mitoloxía grega, o duodécimo rei de Atenas, fillo de Teseo e Fedra e irmán de Acamante.Grimal (1989), p. 133Hard (2008), p. 468

Guerra de Troia Cando Teseo marchou aos infernos, os dioscuros, expulsaron do trono de Atenas a Demofonte e Acamante, que foron substituídos por Menesteu. Ámbolos dous fuxiron a Eubea, e se reuniron con Teseo en Esciros, e marcharon todos xuntos á guerra de Troia, e foi un dos guerreiros que se agocharon no interior do cabalo de Troia. Ao remata-la guerra, conseguiron ceibar a súa avoa avoa, Etra, que fora escrava de Helena, tanto en Esparta como en Troia, e conseguiron de Agamenón a súa liberdade.Hard (2008), p. 615

Durante a súa viaxe de regreso despois da guerra de Troia, parou en Tracia, onde casou con FilisHard (2008), p. 490 ou Fílide, filla de Licurgo, rei de Tracia, quen lle deu o dereito de substituílo no trono. Como Demofonte, insistía en volver a Atenas, Fílide deulle unha caixa con obxectos consagrados a Rea e esperou a que volvese. Como non volvía, suicidouse maldicíndoo. Cando Demofonte abriu a caixa, espantouse do que vira e ao montar dacabalo, este encabritouse e tirouno, de tal xeito que, caeu sobre a súa propia espada e morreu.

Tuvo un fillo, Oxintes, que o sucedeu no trono de Atenas.Hard (2008), p. 491

Na Literatura Na obra de Eurípides Os Heraclidas, Demofoonte concedeu refuxio en Atenas aos fillos de Heracles, que fuxían de Euristeo.Hard (2008), p. 378 Ante un ataque inminente, un oráculo predixo a Demofonte que só sairía vitorioso do conflito se unha virxe nobre era sacrificada a Perséfone. Macaria, filla de Heracles, ofreceuse en sacrificio, e unha fonte de auga, a "Fonte de Macaria", recibiu o seu nome; e Euristeo foi vencido.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Personaxes da Guerra de Troia Categoría:Reis de Atenas