Aníbal Lamas Cid, nado en Xunqueira de Ambía cara a 1893 e finado en Ourense o 5 de novembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante de Xunqueira de Ambía establecido en Buenos Aires, retornou a Galicia en 1929.El Pueblo Gallego, 20-6-1929, p. 13. Cando rematou a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Xunqueira de Ambía.La Región, 20-2-1931, p. 1. Na República, foi elixido concelleiro de Xunqueira de Ambía polo Partido Republicano Radical Socialista en 1931 e nomeado primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Clemente Cid Selas.La Región, 14-6-1931, p. 3. Mantiña un enfrontamento co concelleiro Santiago Camba, antigo upetista e membro da Unión Monárquica Nacional e despois dirixente do Partido Republicano Radical. Foi suspendido como concelleiro por gobernador civil en outubro de 1931.La Zarpa, 18-10-1931, p. 12.Galicia, 10-11-1931, p. 8. Foi responsable local do PRRS.El Pueblo Gallego, 17-6-1932, p. 10. Foi denunciado como cacique pola sociedade agraria La Aurora en decembro de 1932.Galicia, 15-12-1932,p. 1. Foi declarado responsable de máis de 38.000 pesetas como membro das corporacións que actuaron entre o 26 de febreiro de 1930 e 31 de maio de 1933, resolución contra a que interpuxo recurso contencioso administrativo que nunca chegou a resolverse.El Pueblo Gallego, 28-7-1935, p. 15. Despois integouse en Unión Republicana.El Pueblo Gallego, 28-11-1935, p. 11. Foi proclamado candidato por Unión Republicana para as eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11. Foi candidato por Unión Republicana a compromisario para a elección do presidente da República polas minorías en abril de 1931,El Pueblo Gallego, 28-4-1936, p. 10. e resultou elixido.El Pueblo Gallego, 29-4-1936, p. 13.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no Goberno civil de Ourense dende o día 18 ás ordes do gobernador Gonzalo Martín March formando parte do Comité de Defensa da República. Foi detido o 23 de xullo e liberado a mediados de agosto por orde do comandante militar Luis Soto Rodríguez. Novamente detido e procesado o 28 de setembro, foi xulgado en Ourense en consello de guerra por traizón o 24 de outubro,La Región, 25-10-1936, p. 3. e condenado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón, de Ourense, o 5 de novembro de 1936.La Región, 6-11-1936, p. 3. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado á perda total dos seus bens en abril de 1941.BOE, 22-4-1941, p. 1575.

Na literatura Aníbal Lamas aparece no relato "O militante fantasía" incluído no libro Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín (1991).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Allariz.

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Alcaldes de Xunqueira de Ambía Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Xunqueira de Ambía

Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1936