Joanna Caroline Newsom, nada o 18 de xaneiro de 1982, é unha multiinstrumentista, cantautora e actriz estadounidense. Newson naceu e medrou no norte de California e recibiu formación clásica de arpa na súa mocidade, comezando a súa carreira musical como teclista na banda indie baseada en San Francisco The Pleased.

Despois de gravar e autoeditar dous EPs en 2002, Newsom asinou co selo independente Drag City. O seu álbum de estrea, The Milk-Eyed Mender, foi editado en 2004 con moi boas críticas, conseguindo Newsom fans na escena underdround. Recibiría unha maior exposición co lanzamento de Ys ​​(2006), que ocupou o número 134 da Billboard 200 e foi nomeada para o Shortlist Music Prize de 2007. Newson publicou dous álbums máis: Have One on Me (2010) e Divers (2015).

Newsom foi destacada pola crítica polo seu estilo musical único, ás veces caracterizado como folk psicodélico, e o seu destacado uso da arpa. Tamén traballou como actriz, con papeis na serie de televisión Portlandia e no filme Inherent Vice (2014) de Paul Thomas Anderson.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Milk-Eyed Mender 2004 Drag City Ys 2006 Drag City Have One on Me 2010 Drag City Divers 2015 Drag City

Filmografía + Actriz Ano Título Papel Notas 2008 The Sky Crawlers voz 2009 MGMT - Kids nai 2012 Portlandia arpista 1 capítulo 2014 Inherent Vice Sortilège 2016 Popstar: Never Stop Never Stopping Steam Punk Doctor 2021 Brooklyn Nine-Nine Caroline Saint-Jacques Renard

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en California Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Actores dos Estados Unidos de América