O Kokkolan jäähalli é un pavillón deportivo da cidade de Kokkola, Finlandia. Foi inaugurado en 1988, e nel xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo do Hermes, que compite na Mestis, a segunda categroía do hóckey sobre xeo finlandés.
O pavillón ten unha capacidade máxima de 5 220 persoas, mentres que bancada principal ten capacidade para 781 persoas sentadas, se ben a súa capacidade para partidos de hóckey sobre xeo está limitada a 4 200 persoas.
Ademais da pista de hóckey sobre xeo de 28x58 metros, o pavillón conta cunha sala de tiro con pistola de aire comprimido, ximnasio, sala de boxeo e tatami.
Notas
Categoría:Pavillóns de hóckey sobre xeo de Finlandia