Segundo Freire Rivas, coñecido como Cabanelas, nado en Redondela o 5 de marzo de 1905 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1987, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria
Ingresou no Partido Comunista de España en 1931. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 6 de outubro xunto con Francisco Darriba Pérez, José Puga Nieves, Manuel Ramonet Balado, Julio Sánchez Cadavieco, Francisco Pérez Docampo, Antonio Pago Docampo e José Benito Portela Casqueiro, acusados de coacción e ameazas e xulgados o 15 de novembro.El Pueblo Gallego, 16-11-1934, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular de Redondela. Despois fuxiu e estivo agochado. O xuíz militar publicou unha requisitoria para a súa presentación o 4 de setembro.El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 3. Detido en Cesantes en marzo de 1937,El Diario de Pontevedra, 27-3-1937, p. 3. foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 28 de xuño e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1940.El Pueblo Gallego, 13-8-1940, p. 6.BOE, 19-9-1940, p. 4376. Cumpriu condena no Campo de Concentración de San Simón e na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional o 29 de outubro de 1940.
Foi detido a principios de 1942 con Francisco Darriba Pérez, Manuel Domínguez Esteiro e Ramón Amilibia Machimbarrena, logo da detención en Portugal dun grupo dirixente do PCE.Guerra Civil e represión en Redondela Estivo preso na Colonia Penitenciaria del Dueso de onde saíu en liberdade condicional en maio de 1952.BOE, 21-5-1952, p. 2277. Nos anos sesenta foi secretario da Junta Local de Propagación e Conservación de Moluscos en la Ensenada de San Simón.El Pueblo Gallego, 28-11-1964, p. 12. Colaboarou na campaña do PCG nas eleccións xerais de 1977.El Pueblo gallego, 26-5-1977, p. 7. Formou parte da primeira directiva de Comisións Mariñeiras de Galicia presentada en Ferrol en outubro de 1977.La Voz de Galicia, 4-10-1977, p. 53. Dende 1979 foi presidente do Club de Xubilados e Pensioneiros de Redondela. Finou en Redondela o 19 de febreiro de 1987.Faro de Vigo, 20-2-1987, p. 41.
Recoñecementos
Recibiu unha homenaxe no acto de apertura do local do PCE en Redondela o 5 de marzo de 1978.El Pueblo Gallego, 11-3-1978, p. 3. Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1987