Ángel Sánchez Baró, nado en Palma o 28 de xullo de 1997, é un futbolista español que xoga como extremo no Ourense CF, da Primeira Federación.

Traxectoria Formado na canteira do Mallorca, xogou no Mallorca B entre 2014 e 2018. O 19 de decembro de 2015 marcou catro goles nunha vitoria por 5-1 sobre a Peña Deportiva.

O 6 de xaneiro de 2017 debutou co primeiro equipo do Mallorca na Segunda División, substituíndo na segunda metade ao seu compañeiro James.

No verán de 2018 desvencellouse do Mallorca e nos seguintes anos pasou por cinco clubs da Segunda División B: Espanyol B, Badalona, Salamanca, Barakaldo e Tudelano. En 2021 debutou co Alcoyano na nova Primeira Federación, categoría na que xogou durante os seguintes anos vestindo as camisetas do Eldense, a SD Logroñés, o San Fernando e o Ourense CF.

Notas

Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1997 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do Salamanca CF UDS Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do SD Logroñés Categoría:Xogadores do Ourense CF