Futuro Vegetal é un colectivo español de desobediencia civil creado en 2022.

Descrición

Loita contra a crise climática mediante a desobediencia civil, a sabotaxe e a acción directa non violenta. O colectivo non ten líderes, está formado por persoas da avogacía e das ciencias, e os seus membros forman parte doutros colectivos como Rebelión Científica e Extinction Rebellion.

Tomaron accións como pegarse aos marcos dos museos, interromper os partidos da Copa Davis, tirar pintura contra edificios gobernamentais, partidos políticos como o PP e PSOE, empresas como KFC e megaiates privados e bloquear estradas e accesos ao aeroporto de Eivisa para evitar que os avións privados engalen. Bilbo Bassaterra, un dos portavoces e cofundador do colectivo, declarou que seguirán realizando as súas actuacións "ata que o Goberno tome as medidas mínimas para facer fronte á crise climática". As súas accións son cualificadas como vandalismo e foron consideradas unha "organización criminal", algo que rebaten dicindo que a súa finalidade non é cometer delitos e que "permítese destruír sistematicamente ecosistemas, pero parece un escándalo golpear un cadro", algo que tamén é simbólico. Pola súa banda, Fernando Castro Flórez —filósofo, crítico de arte e membro do Padroado do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía— declarou o seu apoio á acción do colectivo.

Notas

Categoría:Asociacións ecoloxistas