Mario Brión Toucedo, nado en Boiro en 2 de outubro de 1994, é un remeiro do Club de Remo Cabo da Cruz e creador de contido dixital, principalmente para a plataforma de YouTube, máis coñecido polo seu nome de usuario na rede olaxonmario. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado na categoría a mellor comunicador.

Traxectoria É canteirán do Club de Remo Cabo da Cruz dende 2009 e compite na Liga ACT dende 2013.

A súa canle de YouTube olaxonmario ten contidos sobre a cultura e lingua galega cun ton retranqueiro, e inclúe pezas audiovisuais de divulgación, entrevistas ou comentarios críticos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Canle de Youtube Olaxonmario

Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1994 Categoría:Activistas LGBT de Galicia Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego