Joseph Stanley Williams, nado o 1 de setembro de 1960, é un cantante, escritor e compositor de bandas sonoras estadounidense. Foi o vocalista principal da banda de rock Toto de 1986 a 1988 e de novo desde 2010. É fillo da actriz Barbara Ruick e do prolífico compositor John Williams. Fóra de Toto, traballou como compositor e vocalista de estudo, incluíndo a voz cantante do Simba adulto no filme de animación de 1994 The Lion King.

Traxectoria

Toto miniatura| Williams (á esquerda) con Toto en Copenhague, 2010 Williams foi vocalista de Toto na década de 1980, nos álbums Fahrenheit (1986) e The Seventh One (1988) antes de marchar por problemas persoais. Tamén aparece no álbum Toto XX (1998), unha recompilación de temas raros e inéditos, e no álbum de 2006 de Toto, Falling in Between, compartindo a voz principal con Steve Lukather en "Bottom of Your Soul".

Williams reincorporouse a Toto tras a súa reforma en 2010 e tocou nos últimos álbums en directo da banda e no álbum de estudio de 2015 Toto XIV. Cando o grupo se disolveu en 2019 e posteriormente se reformou en 2020, Williams foi o único membro da formación anterior ademais de Lukather e os membros de xira Warren Ham e Xavier Taplin en regresar.

Traballo en solitario como cantante Joseph Williams lanzou o seu primeiro álbum en 1982. Despois do seu primeiro período con Toto, lanzou outros nos que colaboraron moitos membros do grupo. En 2003, liderou o proxecto Vertigo, publicando o álbum homónimo e encargándose da gravación e da voz. O seguimento, Vertigo 2, chegou en 2006. No mesmo ano, lanzou "Two of Us", un álbum de versións con piano de cancións de artistas recoñecidos como Elton John e Bryan Adams. Continuou este formato en 2007 con Smiles and Tears. O seu último álbum de cancións orixinais, This Fall, foi lanzado en 2008.

Traballo como compositor de cine Joseph Williams tamén estivo ocupado como compositor de partituras de filmes e series, como as de ciencia ficción Roswell e The Lyon's Den.

Foi o autor das letras das cancións "Lapti Nek" e "Ewok Celebration" de O retorno do Jedi, compostas polo seu pai, John Williams.Ambas foron substituídas por novas composicións na Edición Especial de 1997. Colaborou de novo co seu pai en The Phantom Menace (1999) e Attack of the Clones (2002).

En 2003, foi nomeado a un Emmy pola serie Miracles. As músicas da miniserie da CBS Category 7: The End of the World e do telefilme Momentum foron compostas por el.

Traballos de sesión Williams foi moi demandado como vocalista de sesións e pódese escoitar en numerosos proxectos doutros artistas, así como en BSOs.

En 1985 cantou a voz para a sintonía da serie Gummi Bears de Disney. Proporcionou coros en World Falling Down de Peter Cetera e participou no álbum Airplay for the Planet de Jay Graydon e In the City of Angels de Jon Anderson en 1988. Na longa de animación de Disney The Lion King, canta nas cancións "Hakuna Matata" e "Can You Feel the Love Tonight", e participou no filme Mickey's Magical Christmas: Snowed in at the House of Mouse. En 1997 e 1998, cantou a capella con The West Coast All Stars, xunto a Bobby Kimball entre outros. Cantou tamén varias cancións do grupo Chicago e coescribiu "What You're Missing" do álbum Chicago 16. Ademais, fixo coros en catro álbums de Steve Lukather. miniatura| Williams en Suecia, 2013, xira do 35º aniversario de Toto

Discografía

Álbums de Toto

1986: Fahrenheit 1988: The Seventh One 1998: Toto XX (voz principal en "Last Night" e "In A Word") 2006: Falling in Between (co-voz principal e coros de fondo en "Bottom Of Your Soul") 2015: Toto XIV 2018: Old Is New

Álbums solistas

1982: Joseph Williams (reeditado en 2002) 1996: I am alive 1997: 3 1999: Early Years 2003: Vertigo 2006: Two of Us 2006: Vertigo 2 2007: Smiles 2007: Tears 2008: This Fall 2021: Denizen Tenant

con Peter Friestedt

2011: Williams/Friestedt

con CWF - Bill Champlin / Peter Friestedt / Joseph Williams

2015: CWF 2018: 10 Miles 2020: CWF 2 2023: Carrie

Voz convidada (escolma)

1983: Lapti Nek (Urth) 1984: Which One of Us Is Me (Jay Gruska) 1985: Save the Night (BSO de The Goonies) 1985: Sleepess Nights (Alan Gorrie) 1985: Adventures of the Gummi Bears (Disney) 1988: In the City of Angels (Jon Anderson) 1989: My Heart in Red (Ijiima Mari) 1990: Tatsuro Songs from L.A. (Recompilación) 1990: Toy Matinee (Toy Matinee) 1991: Tatsuro Songs from L.A. 2 (Recompilación) 1991: Fade in Love (Recompilación) 1992: Re-Import (Recompilación) 1992: Goody's (Recompilación) 1992: The Radical Light (Vonda Shepard) 1993: Airplay for the Planet (Jay Graydon) 1993: L.A. Cowboys / Endless Summer (Recompilación) 1994: Love Stories 3 (Recompilación) 1994: The Lion King (Original Movie Soundtrack) 1997: ''California Dreamin (West Coast All Stars) 1998: Naturally (West Coast All Stars) 1999: ELT Songs from L.A. (Recompilación) 1999: In a Dream (Lionel's Dad) 2001: Radioactive (Ceremony Of Innocence) 2002: LA Project (Peter Friestedt) 2006: Avalon (The Richie Zito Project) 2008: LA Project II (Peter Friestedt) 2008: Holy God (Brian Doerksen) 2014: My Kind O' Lovin''' (Intelligent Music Project II) 2015: Touching the Divine (Intelligent Music Project III) 2015: CWF (Champlin, Williams, Friestedt) 2018: 10 Miles/CWF (Champlin, Williams, Friestedt) 2020: CWF II (Champlin, Williams, Friestedt) 2023: Carrie (Champlin, Williams, Friestedt)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de cancións e BSO escritas por Joseph Williams

Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América