A lingua cree moose é unha variedade da lingua cree falada principalmente en Moose Factory, Ontario. O cree moose está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación Como dialecto da lingua cree, o cree moose clasifícase na póla algonquina da familia de linguas álxicas.

Nome da lingua O termo cree moose deriva do topónimo Môsoniy, que quere dicir 'Illa Alce' ou Môso-sîpiy, que quere dicir 'río Alce'. O primeiro é o nome histórico dos lugares estivais dos falantes deste dialecto, mais o moderno concello de Moosonee apropiouse do nome, deixando a illa co nome oficial en inglés de Moose Factory, un nome que lembra a presenza histórica dun posto comercial da Hudson's Bay, orixinalmente chamado "fábricas". O hidrónimo citado fai referencia ao río onde se atopa devandita illa. Os falantes do dialecto refírese á lingua como Ililîmowin.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua cree

Categoría:Lingua cree Categoría:Linguas amerindias do Canadá