Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é ou , que deriva de Terra de Pallares, antiga xurisdición da que Guntín era a capital.
Xeografía
Localización O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.
Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.
Demografía Segundo o IGE en 2014 tiña 2.927 habitantes (3.248 no 2006, 3.307 no 2005, 3.329 no 2004, 3.356 no 2003).
Censo total 2014 2.927 habitantes Menores de 15 anos 177 (6.05 %) Entre 15 e 64 anos 1.684 (57.53 %) Maiores de 65 anos 1.066 (36.42 %)
Patrimonio O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979. Outros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.
Economía No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).
Galería de imaxes
Lugares de Guntín Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guntín vexa: Lugares de Guntín.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Guntín