David Timor Copoví, nado en Carcaixent o 17 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Eldense, da Segunda División.

Traxectoria Formouse na canteira do Valencia e militou dúas campañas no Mestalla, na Segunda División B. No verán de 2010 asinou por Osasuna, pasando a gran maioría do seu primeiro ano co equipo B, tamén en Segunda B. Debutou co primeiro equipo na Primeira División o 23 de abril de 2011, xogando os últimos dez minutos dunha derrota por 2-0 ante o futuro campión, o FC Barcelona. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría o 30 de setembro de 2012, ante o Levante.

Tras unha campaña cedido no Girona, pasou ao Real Valladolid, no que militou durante un ano e medio. En xaneiro de 2016 fichou polo Leganés, co que conseguiu o ascenso á Primeira División.

Entre 2017 e 2018 xogou no Girona, pasando logo pola UD Las Palmas, o Getafe, o Huesca e o Eldense.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla