Miriam Couceiro Castro, nada na Coruña o 10 de maio de 1985, é unha feminista, socióloga e escritora galega.
Traxectoria
Pasou a súa infancia e adolescencia en Ordes. Estudou Socioloxía na Universidade da Coruña cun Mestrado en Técnicas de Investigación Social e o Doutoramento en Equidade e Innovación Educativa coa tese A Representación do Feminismo no Pensamento e Práctica da Acción Docente das Profesoras de Secundaria en Galicia (2019) coa que acadou un Sobresaínte Cum Laude.
Comezou o seu activismo feminista no Observatorio de Igualdade e na Plataforma Feminista Galega, para despois seguir a corrente do Feminismo Radical. Dende 2015 participa en coloquios e conferencias sobre activismo feminista e a situación das mulleres galegas.
Como escritora, arranca a súa traxectoria literaria como autora de ensaio, influída polas historias de vida, os métodos de investigación social cualitativos e o feminismo. Na actualidade céntrase en proxectos vinculados co relato e a novela, con forte influencia do feminismo radical, da mística do cotián e do xeito en que as mulleres articulan a vida.
Coruñesa de adopción, busca escenarios literarios en lugares como os taxis, as paradas de bus, os trens, os avións e os tanatorios.
Obras
Ensaio
A Galiza Feminista: Tebras e Alboradas (2021). Vigo: Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-9151-625-5.
Novela
De óxido e diamantes (2024). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-1176-334-9.
Libros colectivos
Tes cinco minutos #1 (2024). Vigo: Galaxia. 130 páxs. ISBN 978-84-9151-607-1. Relato "O Poder da Palabra" de 2020. O libro da Rosa (2022). Vigo: Galaxia. 156 páxs. ISBN: 978-84-9151-854-9. Relato "Olimpia, princesa de Santo Amaro".
Premios
2013: I Premio de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co seu traballo O Feminismo en Galiza: Rural e Urbano 2020: I Premio do Concurso de Microrrelatos do Concello de Sada.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1985 Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña