Pontevedra: cuna de Colón é unha película documental española muda de 1927 realizada por Enrique Barreiro Vázquez na que defende a teoría que sitúa a orixe do explorador Cristovo Colón en Galicia, concretamente na ría de Pontevedra.
Características
Foi o primeiro filme en cor realizado en Galicia, coa técnica do cinecromo que o propio Enrique Barreiro inventara. O documental estreouse en 1927 no Teatro Principal de Pontevedra.
Argumento O director defende con argumentos a teoría de Celso García de la Riega de que Colón pasase a súa infancia na comarca de Pontevedra, estabelecendo o seu nacemento na parroquia de San Salvador de Poio, o cal inspirou a denominación do que na actualidade é a República do Salvador (con capital en San Salvador). Segundo esta teoría, moitos dos nomes dos lugares descubertos por el foron bautizados inspirándose na ría de Pontevedra. O filme realizouse co asesoramento de Prudencio Otero.
Notas
Véase tamén Outros artigos Historia do cinema de Galicia
Categoría:Filmes de 1927 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Documentais