Faina Grigorievna Veleva-Melnik (en ; en ), nada en Bakota o 9 de xuño de 1945 e finada en Moscova o 16 de decembro de 2016, foi unha lanzadora de disco soviética, campioa olímpica en 1972. Durante a súa carreira estableceu once récords mundiais.
Traxectoria miniatura|235px|Faina Melnyk nun selo armenio de 2010 Melnik era xudía e naceu en Bakota, Ucraína. Nos Xogos Olímpicos de 1972 rompeu tres veces o récord mundial, establecéndoo en 66,62 metros. Xa batera o récord do mundo nos Campionatos Europeos de Atletismo de 1971, representando á Unión Soviética. En 1976 realizou o seu mellor lanzamento con 70,50 m, mais só puido acabar cuarta nos Xogos Olímpicos de 1976. Neses xogos tamén competiu en lanzamento de peso, finalizando décima. Nos seguintes Xogos non conseguiu chegar á final de disco.Faina Melnik. Sports-reference.com.
Continuou a lanzar despois do Xogos, conseguindo o récord do mundo máster na división W35, que segue en vigor desde 1980.Records Outdoor Women . world-masters-athletics.org
Melnik graduouse na Universidade Estatal de Moscova de Medicina e Odontoloxía e posteriormente traballou como dentista e adestradora de atletismo en Moscova. Entre as súas pupilas estiveron Natalya Lisovskaya e Svetlana Krivelyova. Melnik casou con Velko Velev, lanzador de disco búlgaro que tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 e 1980.
Serviu de inspiración para Miss Trunchbull no conto infantil Matilda, de Roald Dahl.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sporting Heroes bio dataOlympic profile
Categoría:Nados na rexión de Khmelnytskyi Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Atletas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Lanzadores de disco Categoría:Lanzadores de peso Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética