Khruangbin é un trío musical estadounidense orixinario de Houston, Texas. O grupo é coñecido por mesturar influencias musicais étnicas, soul clásico, dub e psicodelia. O seu álbum debut, The Universe Smiles Upon You (2015), parte da historia da música tailandesa nos anos 60, mentres que o seu segundo álbum, Con Todo El Mundo (2018), ten influencias hispánicas e do Oriente Medio. Nunha entrevista durante o ano 2022 explicaron que buscaban "atopar territorio por descubrir dentro do R&B e buscar elementos que fosen únicos de Texas e incluílos na súa música". Membros Membros actuais Laura Lee ao baixo Mark Speer á guitarra Donald Ray "DJ" Johnson Jr. á batería.

Speer, Lee e DJ tamén presentan o programa de radio Air Khruang en NTS Radio e Facebook Live.

Colaboracións Leon Bridges, cantante de Atlanta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Khruangbin & Leon Bridges ‘C-Side’ (Audio oficial)

Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais formados en 2010