Maria do Rosário Pedreira, nada en Lisboa en 1959, é unha editora e escritora portuguesa. É responsábel editorial no grupo Leya. Traxectoria

En 1981 licenciouse en Lingua e Literatura Modernas, na variante de Estudos Franceses e Ingleses pola Universidade de Lisboa. Como editora, iniciou esta actividade na área dos libros de divulgación científica. Traballou en Edicions QuidNovi despois de pasar un tempo en Temas & Debates e Gradiva. Salientable narradora infantil e xuvenil, onde prima a transmisión de valores humanos e culturais, tamén se sitúa no xénero poético con títulos como A casa e o cheiro dos livros (1996); O canto do vento nos ciprestes (2001) ou Nenhum nome depois (2004). Para a autora, a casa pode considerarse como un mundo onde se contén todo o que perdura, sexa en forma de memoria ou de nostalxia.

Vida persoal Casou con Manuel Alberto Valente, director editorial nun grupo editorial rival (Porto Editora).

Notas

Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Editores Categoría:Personalidades sen imaxes