Mac OS X Panther (versión 10.3) é a cuarta versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Seguiu a Mac OS X Jaguar e precedeu a Mac OS X Tiger. Foi lanzado o 24 de outubro de 2003, cun prezo de venda de 129 USD para un só usuario e de 199 USD para unha licenza familiar de cinco usuarios.
Características Ademais de ter un rendemento moito maior, incorporou a maior actualización no interface de usuario, e tantas ou máis melloras que Jaguar o ano anterior. Por outra banda, nesta versión deixaron de soportarse algúns modelos antigos G3.
As novas melloras de Panther inclúen:
Finder actualizado, que incorpora unha interface metálica e procura rápida. Exposé: unha nova forma de manipular fiestras. Cambio Rápido de Usuarios: que permite ter sesións con diferentes usuarios abertas ao mesmo tempo e pasar dunha a outra rapidamente. iChat AV que engade soporte para videoconferencia a iChat. Renderización mellorada de PDF. Soporte integrado de fax. Interoperatibilidade con Microsoft Windows moito maior. FileVault: Sistema de cifrado en tempo real do directorio privado de cada usuario. Incremento de velocidade en todo o sistema cun maior soporte para os G5.
Notas
Categoría:Versións macOS