miniatura|Lincity, un exemplo de city-builder. Un videoxogo de construción de cidades (en inglés, city-building game ou city-builder ) é un tipo de videoxogo de simulación onde os xogadores actúan como planificadores e líderes dunha cidade ou poboación, mirando dende arriba e sendo responsables do seu crecemento e xestión. Os xogadores elixen funcións coma onde colocar os edificios, elixen salarios e prioridades de traballo, e a cidade desenvólvese en consecuencia. Os videoxogos de construción de cidades como SimCity, Cities XXL ou Cities: Skylines considéranse un tipo de simulación de construción e xestión.

Notas

Categoría:Videoxogos de construción de cidades