Los Potes é un grupo musical galego de Santiago de Compostela. Formado en 1965 para tocar versións de temas de pop e rock en festas e verbenas, o grupo separouse en 1975, pero regresou á actividade no 2000.
Historia Foi fundado en en 1965 en Santiago de Compostela e estaba formado inicialmente por cinco membros: os irmáns Antonio e Manolo Fuentes (Baby), José María Hernández, Enrique Salmonte e Santiago Cañete. Deron o seu primeiro concerto na Noitevella de 1966 no hotel Caracas do Milladoiro e nos seguintes anos fixéronse especialmente célebres na comarca de Barbanza, actuando en festas e verbenas, onde tocaban versións de temas da época, tanto de pop como rock ou música de verbena. A súa actividade detívose sobre 1975 pola imposibilidade de compatibilizar a música coa vida diaria dos seus membros, pero o grupo reviviu no ano 2000, reuníndose de novo e dando concertos durante as seguintes décadas, aínda que só con tres dos membros orixinais.
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 1965 Categoría:Grupos musicais separados en 1975 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2000 Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de pop