Nos estudos paleontolóxicos actuais, a Fosildiaxénese é o subsistema da Tafonomía que estuda os procesos da fosilización que operan tralo enterramento das entidades tafonómicas.

Historia do termo O termo fosildiaxénese foi empregado na súa orixe para denotar os procesos de fosilización que teñen lugar despois do enterramento final dos restos orgánicos; e o termo Fosildiaxénese foi proposto para a disciplina que explora a historia posterior ó enterramento dos restos orgánicos. Na década dos sesenta do século XX, tras unha época de gran diversidade de formulacións e obxectivos que multiplicaron as disciplinas científicas que dalgunha maneira se ocupaba dos procesos de alteración e enterramento das entidades biolóxicas, propúxose unha clasificación (defendida por Lawrence e logo amplamente empregada) que unificaba os diferentes estudos relativos á fosilización nunha soa disciplina científica: a Tafonomía, integrada esta por dúas categorías subordinadas: a Bioestratinomía e a Fosildiaxénese.

Pero nesta clasificación modificáronse os significados orixinais dos termos: a fosildiaxénese foi inicialmente entendida como o estudo dos procesos experimentados polos restos e/ou sinais organóxenos mentres estiveron enterrados ou como a fase da fosilización posterior ó enterramento; en cambio, moitos autores entenden hoxe a fosildiaxénese coma unha fase da fosilización que comeza despois do enterramento final dos restos, como era o significado en orixe do termo.Aguirre, Emiliano (1989). Paleontología. CSIC. MadridFernández-López, S. R. (2000). Temas de Tafonomía. Departamento de Pelontología, Universidad Complutense de Madrid. 167 pp..

Os procesos fosildiaxenéticos Trala descomposición, rotura e transporte, os restos acostuman sufrir enterramento. En ocasións, o material enterrado consérvase sen sufrir alteracións posteriores (p.ex: foraminíferos, grans de pole, dentes de tiburóns...), pero o normal é que unha vez enterrados, estes restos sufran alteracións coñecidas coma diaxénese. Por iso, os procesos fosildiaxenéticos poden considerarse coma os procesos diaxenéticos aplicados ós fósiles; lo cal nos da unha idea da evolución que sofre o resto durante todo o seu enterramento, e fai pensar nos fósiles coma entidades dinámicas, non estáticas.

Algúns procesos tafonómicos propiamente fosildiaxenéticos:

Compactación e fracturación (por efecto da presión dos sedimentos supraiacentes ou por causas tectónicas). Disolución. Carbonatación. Recristalización. Silificación. Cementación. Remoción.

No momento en que os restos fósiles encóntranse moi próximos á superficie ou aflorando, aínda poden actuar outras forzas, preferentemente a meteorización atmosférica.

Cando estes procesos superan certos límites, prodúcese a desaparición do resto. A disolución total ou parcial dos restos pode ocorrer en calquera momento da fosildiaxénese; por tanto, pode establecerse unha escala de resistencia dos biomateriais á descomposición. Por exemplo, a presenza de biomoléculas como a quitina, celulosa ou lignina aumenta notablemente a resistencia á disolución do resto. Non obstante, ata os biomateriais máis resistentes, como as paredes celulares de moitos protistas e plantas, continúan a súa descomposición aínda que o proceso se ralentice.López-Martínez, N. & Truyols-Santonja, J. (1994). Paleontología. Conceptos y Métodos. Editorial Síntesis, Madrid, 334 pp.

A conservación a longo prazo do resto, rara vez conséguese só inhibindo a descomposición, aínda que pode atoparse algún caso en medios como o asfalto, o ámbar ou o xeo, xa que excepto en casos excepcionais, a descomposición continúa, de forma lenta. Polo tanto, para que o resto chegue a conservarse, debe actuar outro proceso, coñecido coma mineralización.

Procesos usuais de fosilización Cementación por permineralización ou adición: os esqueletos non son sólidos, polo tanto, cando un material esquelético é enterrado, os poros e canais que posúe, énchense de auga que contén minerais disoltos en forma de ións, e segundo cales sexan, e dependendo do pH, precipitarán uns minerais ou outros (normalmente calcita e sílice). Como resultado, refórzase o resto xa que taponan todos eses canais e poros, aínda que a súa morfoloxía e microestrutura non acostuma variar. Cementación por concreción: en ocasións, un resto orgánico enterrado pode actuar coma un núcleo arredor do cal cementan substancias formando un nódulo. Ó descompoñerse o organismo, libera substancias ó medio, coma por exemplo ións bicarbonato, que poden reaccionar con calcio e precipitar en forma de carbonato cálcico, formando así a concreción. Cementación de cavidades: o resto se descompón total ou parcialmente, pero deixando unha cavidade no substrato que se encherá con materiais que reconstruirán a súa forma orixinal. Isto coñécese coma Pseudomorfose. Recristalización: cando se enterra un resto coma unha cuncha, a medida que pasa o tempo, as presións de orixe xeolóxico van aumentando (peso de sedimentos, presións oroxénicas...). Como resultado, a configuración cristalina dos minerais que forman a cuncha varía pero sen modificar a súa composición (é a substitución dun mineral polo seu polimorfo, coma por exemplo aragonita por calcita, ambos formados por carbonato cálcico). Non obstante, a forma externa da cuncha permanece invariable a pesar de que a súa microestrutura foi destruída. Reemprazamento: é a substitución dun mineral por outro diferente que non sexa o seu polimorfo (modifícase a configuración cristalina e a composición química). Carbonificación: é un dos primeiros efectos diaxenéticos. Trátase do enriquecemento relativo en carbono dun resto por perda de volátiles; por efecto da presión e do aumento da temperatura perde hidróxeno, osíxeno e nitróxeno, e gaña carbono. Isto permite que se conserve unha impresión das partes brandas de certos fósiles (coma é o caso, por exemplo, da aleta caudal dalgúns fósiles de Ictiosauros). Distorsión: cando un resto é enterrado, vese sometido á presión litostática e ás forzas tectónicas. Isto provoca expansións, compresións, pregamento, degretamento... dos restos. Remoción (reelaboración, retraballamento): é o fenómeno de desenterramento dos restos e o seu posterior enterramento nun ambiente diferente ó inicial antes do seu definitivo afloramento ou desenterramento por acción antrópica. Ás veces ponse en evidencia ó aparecer un fósil propio dunha idade noutra máis moderna.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Temas de Tafonomía (Xisto Fernández) Documento sobre Paleontoloxía

Categoría:Paleontoloxía