Tesouro de Hallaton340x340pxMoedas procedentes do tesouro de Hallaton.· Período ou culuta: Idade de Ferro · Descubridor: Ken Wallace.
· Lugar do achado: Hallaton, Leicestershire, Inglaterra
· Data do achado: 19 de novembro de 2000.
· Composición: >5.000 moedas, un casco, xoias etc.
· Materiais: prata e ouro.
· Conservación: Museo de Harborough.
O tesouro de Hallaton é o maior achado de moedas británicas da Idade de Ferro, descuberto en 2000 preto de Hallaton, no sueste de Leicestershire, Inglaterra, por voluntarios do Hallaton Fieldwork Group. O achado inicial realizouno Ken Wallace o 19 de novembro de 2000, cando atopou unhas 130 moedas cun detector de metais."Coin hoard declared treasure". En BBC News. 8 de abril de 2003.
Xunto con arqueólogos da comunidade local, os Servizos Arqueolóxicos da Universidade de Leicester (ULAS) iniciaron o que resultou ser unha das escavacións e proxectos de arqueoloxía comunitaria da Idade de Ferro máis importantes de Gran Bretaña."The Hallaton Treasure: evidence of a new kind of shrine?", Current Archaeology, 30 de setembro de 2009.
Contido e interpretación O tesouro incluía máis de 5.000 moedas de prata e ouro, e tamén un casco de desfile romano de prata dourada, xoias e outros obxectos. A maioría dos obxectos datan aproximadamente da época da conquista romana de Gran Bretaña no século I d.C. Das moedas deste depósito, 4.835 poden atribuírse á tribo celta local, os Coritanos. Este achado duplica amplamente a cantidade total de moedas coritanas xa rexistradas."Helen and the Hallaton Treasure ". Leicestershire County Council (Leicestershire.gov.uk) Unha moeda romana de prata do tesouro foi datada polos museos locais no ano 211 a.C., e é a moeda romana máis antiga achada en Gran Bretaña."The oldest Roman coin ever found in Britain". Thehistoryblog.com"Oldest Roman Coin in Britain Found in Hoard". National Heritage Memorial Fund (Heritagefund.org.uk).
No entanto, algúns arqueólogos especularon coa posibilidade de que chegase a Gran Bretaña antes da conquista romana en 43 d.C., e con que sexa unha proba de intercambio a través do comercio ou a diplomacia."Roman coin is the oldest found in Britain". En BBC News. 29 de xaneiro de 2010. O sitio do tesouro resultou ser un lugar ritual de importancia internacional que se remonta xa ás xeracións anteriores e posteriores á conquista romana. Os arqueólogos cren que se trata dun tipo de santuario ao aire libre, o primeiro deste tipo descuberto no Reino Unido. Estaba situado no cumio dun outeiro do val de Welland e probablemente estivese rodeado por un foxo e un cercado.
Segundo o profesor David Mattingly, arqueólogo da Universidade de Leicester: miniatura|261x261px|O tesouro de Hallaton exposto no Museo de Harborough. As moedas e o resto dos obxectos deste tesouro expóñense no Museo de Harborough. O casco romano de Hallaton someteuse a nove anos de conservación no Museo Británico e a partir de 2012 pasou a exporse tamén no Museo de Harborough."The Hallaton Treasure". HarboroughMuseum.org.uk
En xaneiro de 2011 anunciouse que o esqueleto dun can, que se cre que foi sacrificado nun ritual para custodiar o tesouro, tamén se exporía no Museo de Harborough.Healy, T. (2011). "Loyal dog still guarding coins after 2,000 years". En Thisisleicestershire.co.uk"Dog(s) Guarded Treasure Hoard". Goddesschess.blogspot.com
En 2012 achouse ademais un anel de prata coa inscrición «TOT» na zona en que se descubriu o Tesouro de Hallaton. Crese que a inscrición pode facer referencia ao deus celta Teutates, correspondente ao deus romano Marte, a quen Adam Daubney, experto neste tipo de aneis, suxire que podería térselle rendido culto en Hallaton. O Consello do Condado de Leicestershire adquiriu o anel para o expor igualmente no Museo de Harborough."Rare silver ring unearthed near site of Hallaton hoard". Thisisleicestershire.co.uk. 7 de agosto de 2012.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Haselgrove, C. (2014). "The Iron Age open-air ritual site at Hallaton, Leicestershire : some wider implications". En Gosden, C. et al. (eds.). Celtic Art in Europe: making Connections. Oxbow Books, Oxford. Páxinas 304-340. ISBN 978-1782976554
Outros artigos Tesouro Idade de Ferro británica
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía no Reino Unido Categoría:Idade de Ferro Categoría:Leicestershire