Fe Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires de 1936 a 1942.

Historia e características Subtitulado Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago Apóstol, organización fundada en Buenos Aires o 25 de xullo de 1936,Fe Gallega, 2, 1-12-1936, p. 3. apareceu o 1 de novembro de 1936. Publicación mensual baseada nos ideais da Igrexa católica, rexeitaba o bolxevismo. Incluía novas de carácter político e relixioso, e publicou algúns poemas en galego. Cesou a súa edición no número 39 en abril de 1942.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Buenos Aires