Javier "Javi" Pérez Mateo, nado en Cabanillas del Campo (Guadalaxara) o 14 de agosto de 1995, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Guadalajara, debutou co primeiro equipo o 8 de decembro de 2013, nun partido da Segunda División B contra o Cacereño.
Despois de dous anos xogando co Guadalajara, pasou polo Almería B e o Valladolid B, tamén da Segunda B.
O 7 de xuño de 2018 debutou co primeiro equipo do Valladolid na promoción de ascenso á Primeira División, nunha vitoria por 3-1 sobre o Sporting de Xixón.
Xogou outro ano no filial e posteriormente pasou polas filas do Ibiza, o Burgos, o Alcorcón e o Huesca. Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Guadalaxara Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores da UD Almería B Categoría:Xogadores do Real Valladolid B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do SD Huesca