O conde Lev Nikolaevich TolstoiTranscrito segundos as normas de transliteración da Wikipedia en galego. Así mesmo, esta é a forma dada para o apelido na tradución ao galego do conto " Despois dun baile", feita por Ana María Fernández Santos e publicada como parte da compilación O conto ruso do XIX : (de Puxquin a Tolstoi) (Ir Indo, 1997). (en , [lʲɛv nɪkʌlajɪv'ɪtɕ tʌlˈstoj] AFI), coñecido en occidente tamén como León ou Leo Tolstoi, nado en Iasnaia Poliana o 9 de setembro de 1828 e finado en Astapovo o 20 de novembro de 1910, foi un escritor, filósofo, anarquista cristián, pacifista,Government is Violence: essays on anarchism and pacifism. Leo Tolstoy – 1990 – Phoenix Press reformador educativo e pensador moral ruso moi influente na literatura e política do seu país. Xunto a Fiódor Dostoievski, Tolstoi foi un dos grandes da literatura rusa do século XIX.
Nado no seo dunha familia aristocrática, Tolstói alcanzou a fama aos vinte anos coa súa triloxía semiautobiográfica, A infancia (en ruso: Детство) (romanizado: Détstvo), Adolescencia (en ruso: Отрочество, romanizado: Otrochestvo) e Xuventude (en ruso: Юность) (romanizado: Yunost) (1852–1856), e con Relatos de Sebastopol (título orixinal en ruso, Севастопольские рассказы, romanizado: Sevastopolskiye rasskazy) (1855), baseada nas súas experiencias na guerra de Crimea. A súa Voina i mir (en ruso: Война и мир) (Guerra e paz) (1869), Anna Karenina (1878), e Resurrección (en ruso: Воскресение, romanizado:Voskresenie) (1899), que se basea nos seus pecados de mocidade, a miúdo cítanse como cumes da ficción realista e tres das mellores novelas xamais escritas. A súa obra inclúe relatos breves como "Alyosha Gorshok" (ruso: Алёша Горшок, romanizado: Alyosha Gorshok) (1911) e "Despois do baile" ( ruso: После бала?, romanizado: Posle bala) (1911) e novelas como Felicidade familiar (1859), A morte de Iván Ilich (ruso: Смерть Ивана Ильича, Smert Ivana Ilichá) (1886), A sonata a Kreutzer (ruso: Крейцерова сонаtа, romanizado: réitzerova Sonata) (1889), O Demo (ruso: Дьявол, romanizado: Djahol) (1911), e Hadji Murat ( ruso: Хаджи-Мурат, romanizado: Jadzhí-Murat) (1912). Tamén escribiu obras de teatro e ensaios sobre temas filosóficos, morais e relixiosos.
Na década de 1870, Tolstoi experimentou unha profunda crise moral, seguida do que el considerou un espertar espiritual igualmente profundo, tal e como describe na súa obra de non ficción Confesión (1882). A súa interpretación literal dos ensinos éticos de Xesús, centradas no Sermón da Montaña, levoulle a converterse nun fervente cristián anarquista e pacifista. As súas ideas sobre a resistencia non violenta, expresadas en obras como “”O reino de Deus está dentro de ti“” (en ruso, Царство Божие внутри вас, [Tsarstvo Bózhiye vnutrí vas]) (1894), tiveron un profundo impacto en figuras tan importantes do século XX como Mahatma Gandhi, Publicado orixinalmente en Ludwig Wittgenstein, Martin Luther King, e James Bevel.The Children, 1999, David Halberstam Tamén se converteu nun fervente defensor do xeorxismo, a filosofía económica de Henry George, que incorporou aos seus escritos, especialmente na súa novela “”Resurrección“” (en ruso, Воскресение, Voskreséniye). (1899).
Tolstói recibiu eloxios de innumerables autores e críticos, tanto durante a súa vida como despois dela. Virginia Woolf cualificou a Tolstói como "o máis grande de todos os novelistas". e Gary Saul Morson referiuse a "Guerra e paz" como a mellor novela de todos os tempos. Foi nomeado ao Premio Nobel de Literatura todos os anos desde 1902 até 1906 e ao Premio Nobel da Paz en 1901, 1902 e 1909. O feito de que Tolstói nunca recibise o Premio Nobel segue sendo unha das principais controversias do Premio Nobel.
Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista: Царство Божіе внутри васъ; no ruso post-reforma: Царство Божие внутри вас (O reino de Deus está dentro de ti) mesmo que influíu en Mohandas K. Gandhi, Martin Luther King e James Bevel.
Tolstoi tamén se converteu nun firme defensor do xeorxismo, a filosofía económica de Henry George, que incorporou na súa obra, particularmente en Voskresenie (Resurrección). Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.
Traxectoria Orixes Os Tolstois eran unha coñecida familia da antiga nobreza rusa que remontaba as súas orixes a un mítico un nobre chamado Indris, descrito por Pyotr Tolstoi como chegado "de Nemec, das terras de César" a Chernigov en 1353 xunto cos seus dous fillos Litvinos (ou Litvonis) e Zimonten (ou Zigmont) e unha druzhinaUnha druzhina é a palabra eslava para unha comitiva ao servizo dun xefe , tamén chamado knyaz (príncipe) de 3000 persoas.Vitold Rummel, Vladimir Golubtsov (1886). Genealogical Collection of Russian Noble Families in 2 Volumes. Volume 2 – The Tolstoys, Counts and Noblemen. Saint Petersburg: A.S. Suvorin Publishing House, p. 487Ivan Bunin, The Liberation of Tolstoy: A Tale of Two Writers, p. 100 Indris converteuse entón á ortodoxia oriental, co nome de Leonty, e os seus fillos como Konstantin e Feodor. O neto de Konstantin, Andrei Kharitonovich, foi alcumado Tolstiy (traducido como "gordo") por Basilio II de Moscova despois de que se trasladase de Chernigov a Moscova..
Debido aos nomes pagáns e ao feito de que Chernigov estaba gobernada naquela época por Demetrio I Starshy, algúns investigadores concluíron que se trataba de lituanos que chegaran desde o Gran Ducado de Lituania.Ao mesmo tempo, nunca se atopou ningunha mención a Indris nos documentos dos séculos XIV ao XVI, mentres que as Crónicas de Chernigov utilizadas por Piotr Tolstói como referencia se perderon. Os primeiros membros documentados da familia Tolstoi tamén viviron durante o século XVII, polo que o propio Piotr Tolstoi é considerado xeralmente o fundador da casa nobre, sendo concedido o título de conde por Pedro o Grande.Tolstoy coat of arms by All-Russian Armorials of Noble Houses of the Russian Empire. Part 2, 30 June 1798 (in Russian)The Tolstoys article from Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary, 1890–1907 (in Russian)
Primeiros anos Lev (na súa familia pronunciaron sempre o seu nome como Liov) Nikolaievich Tolstoi naceu na propiedade familiar de Iasnaia Poliana, na gobernación de Tula, a 200 quilómetros ao sur de Moscova, na Rusia central o 28 de agosto (9 de setembro segundo o calendario xuliano) de 1828. A familia Tolstoi era unha antiga familia nobre rusa, que conectaba os seus devanceiros co mítico nobre lituano Indris. Foi o cuarto de cinco fillos do conde Nikolai Ilyich Tolstoi (1794–1837), veterano da guerra patriótica de 1812, e da princesa Mariya Tolstaya (de solteira Volkonskaya; 1790–1830). A nai morreu cando Lev non cumprira aínda os dous anos. En 1837 a familia mudouse a Moscova, para preparar a entrada do fillo máis vello na universidade. Pouco despois morreu, porén inesperadamente, o pai, o que provocou a volta dos fillos máis novos a Iasnaia Poliana, onde quedaron so a tutela da tía paterna, a condesa A. M. Osten-Saken e de T.A. Ergolskoi. Lev Tolstoi permaneceu en Iasnaia Poliana ata a morte da condesa Osten-Saken no ano 1840, data na que os nenos foron trasladados a Kazán, esta vez tutelados pola irmá do seu pai, P. I. Iushkova. Este período da súa vida recolleuno Tolstoi no seu libro Detstvo (Infancia).
A casa de Iushkova, era un dos puntos preferidos de reunión da boa sociedade de Kazán. “A miña boa tía, contou Tolstoi en Ispoved (Confesión), sempre afirmaba que o que máis desexaría para min era que me relacionara cunha muller casada: rien ne forme un jeune homme comme une liason avec un femme comme il faut (para formar a un home novo, non hai coma unha relación amorosa cunha muller xeitosa)”. Neste ambiente mundano, comezan a manifestarse as contradicións da natureza de Tolstoi. O seu esaxerado amor propio facíalle desexar apaixoadamente destacar na boa sociedade, facerse cunha reputación de home de mundo. Na súa contra xogaban o seu escaso atractivo físico e a súa timidez. A un tempo maniféstanse as tensións internas causadas pola súa procura dun estrito ideal de moralidade. As “grandes cuestións da existencia”, a morte, a felicidade, Deus, o amor, a eternidade torturárono durante esta época da vida. O contraste entre a brillante vida mundana na que se desenvolve e as súas preocupacións íntimas deron lugar, nas súas propias palabras “ó costume da continua análise moral, que destruía a frescura dos sentimentos e a claridade do pensamento (Iunost). Os sucesos desta época recóllense nas obra Otrochestvo (Adolescencia) e Iunost (Xuventude).
Educación O seu primeiro educador foi o algo rudo instrutor francés St. Thomas, que foi substituído polo amable alemán Reselman (Karl Karlovich na obra Detstvo). En 1843, con 15 anos Tolstoi entrou na Universidade de Kazán, que poñía poucas dificultades para admitir ós fillos de boa familia. O nivel educativo da institución era baixísimo. Os profesores eran ou estranxeiros incultos que mesmo non falaban o ruso, ou rusos ignorantes e arribistas. Tolstoi pasou dous anos na facultade de linguas orientais e outros dous na de dereito, nos que se interesou máis pola procura dos praceres que polos estudos. Os seus profesores dixeron del que non tiña “nin a capacidade nin a vontade para aprender”. O futuro escritor deixou definitivamente a institución en 1847, e volveu á propiedade familiar de Iasnaia Poliana e despois pasou moito tempo en Moscova, Tula e San Petersburgo, levando un estilo de vida relaxado e pausado.
Inicio das actividades literarias Os intentos filantrópicos de Tolstoi de transformar a vida dos seus servos, diante os que quixo aparecer coma pai e benfeitor fracasaron axiña. As reformas de Tolstoi, de carácter moi persoal e sen ningunha relación coas correntes democráticas rusas dos anos 1840, ás que el era alleo, encontraron a resistencia mesmo dos supostos beneficiados que rexeitaron, alporizados, ser liberados da servidume.
Tolstoi marchou a San Petersburgo para facer os exames de dereito. Pasou os dous primeiros na primavera de 1848 pero deseguida aborreceu os estudos e regresou ó campo. Nese período da súa vida interesouse apaixonadamente pola música (non era mal pianista).
Pouco máis tarde, levado en parte pola súa paixón polo xogo, marchou a Moscova. O seu inicio como escritor fora unha tradución da obra de Lawrence Sterne “Unha viaxe sentimental por Francia e Italia". O seu primeiro intento dunha obra máis ambiciosa e creativa é de 1851, cando escribe o relato История вчерашнего дня (Unha historia de onte). Ese mesmo ano, canso da vida “disipada e sen sentido” que levaba en Moscova e asediado polas débedas de xogo, atende a chamada de seu irmán Nikolai e marcha para o Cáucaso. O outono de 1851 alístase como cadete na brigada de artillería acuartelada en Starogladove. O seu relato Kazaki ("Os cosacos") recolle bastante fielmente os acontecementos daquela época. Perdido nun cuartel nas profundidades do Cáucaso, Tolstoi céntrase cada vez máis en escribir (é preciso indicar que Tolstoi nunca se considerou un escritor “profesional”, a literatura estaba sempre no segundo plano, dedicándolle o tempo que lle deixaban as súas múltiples actividades). En 1852 enviou á redacción da revista Sovremennika, a primeira parte da súa triloxía autobiográfica, Detstvo. A boa recepción por Nekrasov, redactor da revista, animouno a continuar a triloxía e a comezar a planificar “A maña do propietario rural” e Kazaki. O éxito de Detstvo deulle ó novo escritor un posto no novo panorama literario ruso no que destacaban nomes como Turguénev, Goncharov e Ostrovski.
Carreira militar miniatura|left|Tolstoi con 20 anos, en 1848.