Ana Belén Amado Pazos, nada en Ferrol en 1975, é unha fotógrafa, arquitecta e artista visual galega.

Traxectoria

Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (2004), cun posgrao en Ilustración Creativa na escola de Arte e Deseño EINA de Barcelona (2008). Realizou os mestrados de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) e Fotografía de autor e proxectos persoais (Escola Lens, 2012). Amais ten formación como pianista.

O seu traballo foi premiado e exposto na Bienal de Venecia, XIV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e PhotoEspaña entre outras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Ana Amado na Fundación Cerezales.

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI