Cornelia Baxter Barns, nada en Flushing, Nova York, o 25 de setembro de 1888 e finada en Los Gatos, California, o 4 de novembro de 1941, foi unha debuxante política, feminista e socialista.
Traxectoria Primeiros anos Cornelia Barns naceu en 1888, a máis vella dos fillos do matrimonio de Charles Edward Barns e Mabel Balston Barns. Charles Barns inicialmente estudou dereito, mais despois pasou ás ciencias antes de comezar a súa carreira como xornalista no New York Herald. Mentres viviron en Nova York, tamén gañou reputación como escritora e poeta. Contra 1910 a familia mudouse a Philadelphia, onde Charles Barns se estableceu como director de teatro, e Cornelia estudou arte.
Artista Cornelia Barns matriculouse na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en 1906, onde foi discípula de William Merritt Chase e John Henry Twachtman. Vencellouse con Robert Henri e a súa escola Ashcan. O seu traballo foi honrado con dúas bolsas Cresson Traveling Scholarships, grazas ás que realizou a súa primeira viaxe a Europa en 1910 e facilitaron unha segunda en 1913. Expuxo na Pennsylvania Academy e contra 1910 estaba na listaxe de pintores do American Art Annual. Cando tiña uns vinte e cinco anos casou con Arthur S. Garbett, un crítico musical británico que traballaba en Philadelphia. A parella tivo un fillo en Philadelphia e crese que pasaron uns anos en Nova York.
O estilo artístico de Cornelia Barns baseábase en liñas pesadas de crayon e un estilo distintivo de banda deseñada nos seus retratos do privilexio social, a dominación masculina e a inocencia da infancia.
Max Eastman, editor da revista The Masses, escribiu:
"American Salon of Humorists" foi unha exposición realizada en Nova York en 1915, e Cornelia Barns foi unha das vinte e tres artistas que se presentaron.
Sufraxio e socialismo: os anos en Nova York De 1913 a 1917 Barns foi unha frecuente colaboradora de The Masses, unha revista socialista que atraeu un talentoso grupo de escritores e artistas. Durante tres anos, Barns traballou no seu comité editorial. Como a historiadora del arte Rebecca Zurier comentou:
Cando se suspendeu a publicación de The Masses por encargo do goberno, fundoouse unha nova revista, The Liberator, por parte de Max Eastman e Crystal Eastman. Cornelia comezou a colaborar nela, xunto aos seus colegas Robert Minor, Boardman Robinson e Art Young. En 1926, un grupo de artistas que quixo resucitar The Masses fundaron The New Masses, unha revista polémica ligado ao Partido Comunista que estivo vixente ata 1946. Unha vez máis, Cornelia Barns figuraba como colaboradora.
Nestes xornais socialistas, moitas historietas de Barns trataban o tema do sufraxio feminino e da igualdade de xénero. Tamén publicou historietas en revistas sufraxistas como a neoiorquina Woman Voter e a revista do Partido Nacional das Mulleres.
En 1918, no seu segundo ano de publicación, Cornelia Barns e Lou Rogers foron nomeados editores de arte da revista de Margaret Sanger Birth Control Review. Nela publicou algunhas das súas posturas máis feministas. A súa primeira contribución titulouse "We Accuse Society!", e nela vese unha muller visibelmente embarazada e con moitos fillos xunto a un marido que parece apoiala, ineficazmente.
California Debido a problemas de saúde, en 1917 Barns mudouse a California co seu marido, Arthur S. Garbett, e o seu pequeno fillo. Buscando oportunidades de traballo, mudáronse despois a Berkeley. Garbett converteuse en director de programación dunha radio, tendo un programa propio. Traballou tamén como crítico musical para un xornal de San Francisco. Barns traballou principalmente ilustrando, con debuxos e cubertas para a revista Sunset, o Oakland Post Enquirer e o New York World, entre outros. Garbett e Barns retiráronse a Los Gatos, California, pouco antes de que Cornelia falecese de tuberculose en novembro de 1941.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Colección de The Masses na Universidade Estatal de Míchigan
Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América