miniatura|IBM Aptiva 2139 Os IBM Aptiva foron unha liña de computadores persoais que foron producidos por IBM. Foi deseñado principalmente para uso na casa e ofreceu unha gama de modelos con características e especificacións variábeis. Foi presentado en setembro de 1994 para substituír os antigos IBM PS/1.

O primeiro modelo de Aptiva estaba baseado nunha CPU Intel 80486, mentres que os modelos posteriores utilizaron o Intel Pentium e CPU's de AMD. Todos os sistemas foron desenvolvidos en privado excepto o máis tardío, a serie E, que foi desenvolvida por Acer.

Os computadores Aptiva eran tipicamente vendidos como bundle que incluíron monitor, falantes, teclado e rato. Os primeiros modelos viñeron con IBM PC DOS 6.3 e Windows 3.1. Os seguintes Aptiva con Pentium viñeron con Windows 95. A maioría dos modelos Aptiva incluíron un módem e unha función de hibernación chamada "Rapid Resume".

En 1999, unha serie de ordenadores Aptiva saíron infectados ao mercado co virus CIH, xusto un mes antes de que o virus se activase.

As funcións de son e módem foron providos nos modelos M, A, C e S cun adaptador IBM Mwave. O adaptador Mwave tivo problemas de rendemento e foron finalmente substituídos por tarxetas de son e módems estándares.

O último sistema Aptiva foi retirado de venda en maio de 2001 sen unha substitución directa cando IBM decidiu saír do mercado de fogares ou de consumo. Os clientes foron dirixidos ao IBM NetVista, o cal era máis apuntado a computadores de escritorio empresariais.

Historia Entre outras cousas, o desenvolvemento e a mercadotecnia de IBM de Lotus SmartSuite e OS/2 colocouno en competición directa con Microsoft Office e Windows, respectivamente. Como resultado, Microsoft "castigou a IBM con prezos máis altos, unha licenza tardía para Windows 95, e retención d0 soporte técnico e da mercadotecnia.", Sec. 116. Xaneiro de 2007

IBM non tivo dereitos de OEM concedido para Windows 95 até 15 minutos antes da liberación de Windows 95, o 24 de agosto de 1995. Debido a esta incerteza, máquinas de IBM foron vendidas sen Windows 95, mentres Compaq, HP, e outras empresas venderon máquinas con Windows 95 dende o primeiro día., Sec. 125. Xaneiro de 2007

Os Aptiva nunca puideron reasegurar a dominancia de IBM no mercado de computadores personais dos anos 80 contra empresas como Compaq, Dell, ou HP. O grupo de PC de IBM tivo custos máis altos que os seus competidores, que fixeron imposíbel igualar os seus prezos. Durante os anos 90, IBM perdeu a maioría da súa participación no mercado de PC's e durante aquela década non puido competir cintrs os seus rivais. Só o portátil ThinkPad mantivo algo de cota. A maioría de vendas de portátiles e computadores eran con clientes corporativos que xa utilizaban ordenadores IBM.

Modelos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ambra Serie de PC do IBM ThinkPad

Categoría:IBM Categoría:Ordenadores persoais