miniatura| Xesto da figa A figa é un xesto e orixinalmente un amuleto italiano, chamado Mano Fico, tamén foi utilizado polos etruscos e na época da Roma antiga. O amuleto con esa forma de man pechada co polgar entre o índice e o dedo maior, é usado tradicionalmente como protección contra o mal de ollo, meigallos ou feitizos, contra a envexa ou as doenzas, ou como adorno.
O aceno ten diversos significados e interpretacións segundo as diversas culturas, como esconxuro, insulto, burla ou xogo, e na lingua de sinais americana representa a letra T.
Orixe e etimoloxía
Figa deriva do latín tardío *fica > ‘vulva’. É a representación dos xenitais femininos, principalmente o clítoris e estaba asociado coa fertilidade e o erotismo. Ese termo é unha derivación de ficus, usando o froito da figueira como metáfora do sexo feminino.
En Italia este sinal, coñecido como "fica" ou "far le fiche ", debido á súa semellanza co clítoris, era un xesto común e moi rudo nos séculos pasados, semellante ao dedo medio.
O xesto tamén é mencionado por Dante no canto vixésimo quinto do Inferno da Divina Comedia nas liñas 1-16, onde a alma de Vanni Fucci realiza este xesto como un acto de blasfemia contra Deus.miniatura|Colar da boa fortuna feito de ouro, da época helenística. Exhibese no Museo de Arqueoloxía de Eskişehir, Turquía. Hoxe a figa é un xesto ofensivo para o pobo turco. Significado en diversas culturas
No Brasil, Portugal, Galiza e Asturias este sinal simboliza os desexos de boa sorte e evitar a mala sorte. En relixións sincretistas guineanas e brasileiras, como a umbanda, a figa é un amuleto de protección de espazos sagrados e guías de entidades espirituais, feito de materiais como madeira, metais ou minerais. Tamén se adoita regalar a nenos acabados de nacer para a súa protección. En lingua galega a expresión "impórtame unha figa" é equivalente a "impórtame un carallo". En países de fala inglesa, como os EUA etc., e noutros, como Chequia, Libia, Galiza ou Portugal, é tamén un xogo infantil no que simulas arrincarlle o nariz a un neno da cara.
En Turquía este sinal, coñecido como "nah", é un xesto moi coñecido e moi ofensivo.
En Rusia este aceno, coñecido como "фиг тебе" (pronunciado "fik tibie") ou "фиг [тебе] с маслом" (pronunciado "fik [tibie] s maslam"), é un xesto moi ofensivo e usado para negarlle algo a alguén, rirse de quen non conseguiu o que quería, ou demostrarlle a alguén que non conseguirá nada.
Galería de fotos
Notas
Véxase tamén
Aceno Antropoloxía Arte etrusca Arte galega Arte romana Cerámica de Sargadelos Efecto apotropaico Fertilidade
Lingua de sinais
Mal de ollo Man Quiromancia Sheela na Gig Sinal da cruz Sinal V Superstición Talismán
Categoría:Crenzas e supersticións Categoría:Símbolos Categoría:Etruscos Categoría:Roma antiga