Os cemiterios de tumbas medievais stećci de Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Croacia e Serbia foron declarados Patrimonio da Humanidade polo comité da UNESCO en 2016. Os stećci ( stećak) son as lápidas monolíticas medievais atopadas na actual Bosnia e Hercegovina, así como en partes de Croacia, Serbia e Montenegro. Apareceron por primeira vez no século XII e alcanzaron o seu apoxeo nos séculos XIV e XV. Hai 20 sitios en Bosnia e Hercegovina, na súa maioría no sueste do país. O grupo máis grande está situado en Radimlja, no concello de Stolac.
No territorio de Bosnia e Hercegovina, todos os stećci individuais e os agrupados en necrópoles son considerados patrimonio inmoble e a maioría xa están inscritos nunha das listas da Commisión para Preservar os Monumentos Nacionais ou na lista de Monumentos Nacionais. Os stećci tamén están inscritos na Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO dende 2016, cunha selección duns 4.000 monólitos individuais, agrupados en necrópoles en 28 lugares, dos cales 20 están en Bosnia e Hercegovina, dous en Croacia, tres en Montenegro, e tres en Serbia.
Notas
Véxase tamén Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina Categoría:Patrimonio da Humanidade en Croacia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Montenegro Categoría:Patrimonio da Humanidade en Serbia