Chámase morfante (morphant) a un organismo que foi tratado cun oligo antisentido Morpholino para realizar un knock-down temporal da expresión dun xene diana.
Este termo foi acuñado polo profesor Steve Ekker para describir os peixes cebra cos cales estaba experimentando, sometidos a un knock down da expresión de xenes embrionais usando Morpholinos. En ditos experimentos S. Ekker "fenocopiou" mutacións coñecidas do peixe cebra, é dicir, fixo crecer embrións que tiñan o mesmo fenotipo morfolóxico que peixes cebra embrionarios con mutacións xénicas específicas. Os artigos do profesor Ekker e as presentacións que describían as fenocopias morfantes dos fenotipos mutantes, en combinación cos traballos previos da profesora Janet Heasman con Morpholinos en embrións de Xenopus, levaron a unha rápida adopción da tecnoloxía dos Morpholinos na comunidade científica da bioloxía do desenvolvemento.
Notas
Categoría:Xenética molecular