Francisco Franco de Sousa, nado en Funchal, Madeira, o 9 de outubro de 1885 e finado en Lisboa o 15 de febreiro de 1955, foi un escultor portugués. Pertence á primeira xeración de artistas modernistas portuguesesO adxectivo "modernista" no contexto portugués abarca un conxunto amplo de tendencias artísticas e culturais. Pode facer referencia ao modernismo no sentido galego do termo, vinculado á Art Nouveau e chamado en portugués Arte Nova, pero tamén aos movementos que se desenvolveron a partir da primeira metade do século XX, como as vangardas europeas, caracterizado pola súa ruptura con formas tradicionais e a súa exploración de novas estéticas. e destaca, segundo José-Augusto França, como o maior escultor portugués dos anos 20.França, José-Augusto – A Arte em Portugal no Século XX: 1911-1961 . Lisboa: Bertrand Editora, 1991, p. 184, 185, 261-263. ISBN 972-25-0045-7
Un dos bustos de António Oliveira Salazar realizado por el, que estaba baixo custodia do Estado portugués, desapareceu en 2020.Obras de arte do Estado desaparecidas são quase impossíveis de localizar. Busto de Salazar é uma delas, por ZAP. 6 Fevereiro, 2020
Traxectoria
Primeiros anos e contacto coas vangardas Franco de Sousa iniciou a súa formación artística co seu pai ebanista. Aos 15 anos trasladouse a Lisboa e estudou na Universidade de Lisboa entre 1902 e 1909, onde foi alumno de Simões de Almeida. En 1909, obtivo unha bolsa para estudar en París, onde conviviu con artistas portugueses como Amadeo de Souza Cardoso e Santa-Rita Pintor, e interesouse especialmente na obra de Rodin.A.A.V.V. – Exposição retrospetiva da obra do escultor Francisco Franco. Lisboa: S.N.I., 1966
En 1911 viaxou polos Países Baixos. No ano seguinte, a súa bolsa, como a doutros compañeiros, interrompeuse por desacordos políticos, o que o levou a regresar a Lisboa, pero volveu a París arredor de 1920 onde conviviu con Diogo de Macedo, Dordio Gomes, Heitor Cramez e Modigliani.
Nesta fase de traballo intenso realizou varias esculturas, debuxos e gravuras coas técnicas de punta seca e xilografía. Expuxo no Salon d'Automne en 1921 e 1924, expoñendo a súa escultura Semenador, e na Société nationale des beux-arts. En 1925 marchou a Italia como bolseiro.
Escultor na ditadura Durante o Estado Novo, a arte pública en Portugal foi usada como ferramenta de propaganda para consolidar a ditadura e promover a súa ideoloxía. Influenciado pola estética fascista de Italia e da Alemaña nazi, o réxime salazarista promoveu un estilo monumental que exaltaba o poder do Estado. Neste contexto, Francisco Franco de Sousa creou obras que contribuíron á imaxe do réxime.
Entre 1927 e 1929 rematou o Monumento a Gonçalves Zarco da Avenida da Liberdade e unha copia para a Feira de Sevilla que se converteu nun punto de inflexión e un referente para a dirección da escultura pública portuguesa a partir dos anos trinta; Francisco Franco foi, entón, un dos autores máis solicitados para crear a estatuaria oficial.
En 1931 creou a estatua do Infante D. Henrique para a Exposición Colonial de Vincennes. En 1934 realizou o seu primeiro retrato de Salazar, sendo condecorado por iso coa Orde Militar de Sant'Iago da Espada. Outra estatua de Salazar presentouse na Exposición Internacional de París de 1937. Durante dous anos traballou na estatua ecuestre de D. João IV. miniatura|Estatua do Semeador.|267x267px
Os últimos anos revelaron unha ralentización no seu traballo, consecuencia en gran parte do accidente que sufriu preto do seu estudo e do que nunca se recuperou totalmente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Visita guiada - Museo Henrique e Francisco Franco, Funchal", episodio 18, 15 de outubro de 2018, tempada 8, programa de Paula Moura Pinheiro, na RTP
Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Nados en Funchal Categoría:Finados en 1955 Categoría:Nados en 1885