The Gilded Age é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Julian Fellowes para HBO. Está ambientada na Idade Dourada estadounidense, na década de 1880 na cidade de Nova York. Foi anunciada orixinalmente en 2018 para NBC, mais foi posteriormente trasladada a HBO en 2019. A primeira tempada estreouse o 24 de xaneiro de 2022, e a segunda o 29 de outubro de 2023. En decembro de 2023, a serie foi renovada para unha terceira tempada.

A serie recibiu valoracións positivas, en particular ao vestiario e ás interpretacións de Carrie Coon, Morgan Spector, Cynthia Nixon e Christine Baranski.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América