Selma Huxley, tamén coñecida como Selma Barkham ou Selma Barkham Huxley, nada en Londres o 8 de marzo de 1927 e finada en Chichester o 3 de maio de 2020, foi unha historiadora canadense de protagonismo internacional nos campos da historia marítima do País Vasco e do Canadá.

Traxectoria As súas investigacións permitíronlle reconstruír un capítulo pouco coñecido da historia do Canadá e do País Vasco: o bacallau vasco e as pesqueiras de baleas na Terra Nova, sobre todo no século XVI. Descubriu a existencia dunha industria baleeira vasca no século XVI en Labrador, os seus portos baleeiros, os restos arqueolóxicos das súas bases, así como a presenza de galeóns vascos afundidos neses portos, entre eles o San Juan (1565).

Distincións

En 1981 o Goberno do Canadá concedeulle a Orde do Canadá, o seu máximo galardón civil, polo seu traballo pioneiro e por ter realizado "unha das contribucións máis brillantes, nos últimos anos, á historia desta nación".

Notas

Categoría:Nados en Londres

Categoría:Historia do País Vasco Categoría:Historiadores do Canadá Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2020