Mónica Bello Bugallo, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha comisaria e historiadora de arte española.
Traxectoria Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade investigadora céntrase na relación entre arte, ciencia e tecnoloxía, así como na maneira en que os artistas impulsan novas conversacións en torno aos fenómenos emerxentes da nosa sociedade e da nosa cultura, como o papel da ciencia e o novo coñecemento na percepción da realidade.
En 2004 comisariou a primeira mostra de bioarte titulada Organismos e que visitou La Casa Encendida (Madrid) e o Espai Cultural Caixa Madrid en Barcelona. Desde 2005, e xunto con Ulla Taipale, comisariou Días de Bioarte, no Centro de Arte Santa Mónica de Barcelona, así como o desenvolvemento dos proxectos NEURÓTICA e Res-Qualia de investigación en arte/ciencia.En 2007 puxo en marcha e dirixiu o Departamento de Educación de Laboral Centro de Arte e Creación Industrial (Xixón) ata 2010. Despois ocupou o cargo de directora artística dos Premios VIDA (2010-2015) na Fundación Telefónica (Madrid), un galardón pioneiro que fomentou as expresións transculturais ao redor da idea da vida e do que se celebraron dezaseis edicións. Desde 2019 dirixE Arts at CERN dentro do Centro Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) de Xenebra, onde se ocupa das residencias artísticas orientadas á investigación e das novas comisións de arte, que reflexionan sobre as conversacións e a interacción entre artistas e físicos de partículas.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes