Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O xentilicio é «».

Xeografía Situación miniatura|esquerda|Avenida Principal, en Curtis.

O concello está situado no interior de Galiza, no límite oriental da provincia da Coruña limitando coa provincia de Lugo. Forma parte xunto con outros dez concellos da comarca de Betanzos de quen depende xudicial e administrativamente. As parroquias católicas dependen da arquidiocese de Santiago de Compostela. O concello, de 116,6 km², limita ao norte co concello de Aranga, ao leste co concello de Guitiriz xa en Lugo, ao sur con Sobrado e Vilasantar e ao oeste con Mesía e Oza Cesuras.

Orografía Curtis é unha extensa superficie de chaira que vai elevándose cara ao leste. Nesta zona atópase a Serra da Cova da Serpe, límite xeográfico coa provincia de Lugo. Outros cumios son o monte da Graña e o Monte Enxameado. Estas zonas montañosas dividen as tres cuncas hidrográficas do concello: a do río Mandeo, a do Tambre e a do Mendo. A altitude en todo o concello está entre os 450 e 554 metros sobre o nivel do mar e o lugar máis alto é o Monte Enxameado de 602 metros de altitude.

A paisaxe é típica da Galiza do interior: vexetación inzada de pequenos prados, valados, chousas, pequenos camiños e corredoiras, e pequenas granxas de gando vacún pacendo. Hai moitos montes de eucaliptos e piñeiros, e entre uns e outros hai soutos e carballeiras.

Hidrografía miniatura|esquerda|Río Mandeo (esquerda) e Mendo na ría de Betanzos. miniatura|300px|Mapa de Curtis coas súas parroquias. miniatura|Curtis no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).

Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo.

O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km polo concello. Nace no alto das Pías (a 720 msnm en Sobrado) ó lombo da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca alta deste río. No río dáse a troita común.

O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede e Bandoxa (Oza Cesuras) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos.

O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

Clima

<center> {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:100%;border:0px;text-align:center;line-height:100%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Temperaturas e precipitacións mensuais (Datos medios: 1991 - 2021) |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura media (°C) | 7,4 | 8,0 | 9,7 | 10,2 | 12,9 | 15,4 | 17,5 | 18,7 | 16,4 | 13,2 | 9,4 | 7,8 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,2 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura mínima (°C) | 3,4 | 3 | 4,4 | 5,7 | 8,1 | 11,2 | 13,1 | 13,5 | 12,1 | 9,7 | 6 | 4,1 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura máxima (°C) | 9,6 | 10,3 | 12,6 | 14,2 | 16,8 | 20,3 | 22,2 | 22,8 | 21,3 | 17,3 | 12,1 | 10,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | 130 | 98 | 98 | 110 | 88 | 58 | 38 | 46 | 72 | 128 | 147 | 127 | style="background: #FFFFFF;" | 1 280 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: Climate-Data.org |} </center>

Demografía A poboación total é de 4048 habitantes en 2014 aínda que hai un alto número de poboación emigrada ou que por traballo reside noutros concellos.

+ Censo total 2014 4048 habitantes Menores de 15 anos 421 (10,4 %) Entre 15 e 64 anos 2537 (62,67 %) Maiores de 65 anos 1090 (26,93 %)

A poboación distribúese entre as súas catro parroquias do seguinte xeito: 180pxParroquias Lurdes Fisteus Curtis Foxado Total Área (en km²) 2,3 45 31,6 38.5 117,5 Entidades de poboación 6 51 54 31 142 Poboación 2013 1371 546 1786 409 4112 % da poboación 33,34 % 13,28 % 43,43 % 9,95 % 100 % <div style="text-align: center;"> Fonte: e IGE.

A evolución da poboación estivo moi relacionado coa chegada do ferrocarril no final do século XIX, manténdose o crecemento de poboación ata mediados do século XX. Este aumento da poboación rematou coa chegada do ferrocarril a Santiago de Compostela e a perda desa situación de Curtis como nó de comunicacións. Dende a década de 1950 a baixada de poboación foi progresiva. Nas décadas de 1960 e 1970 a emigración foi ás cidades galegas máis próximas abandonando a explotación do agro como medio de vida. Actualmente está estabilizada esa poboación. A mellora das comunicacións permitiu que moita xente que antes tiña que emigrar ou pasar boa parte do ano fóra agora teñan como segunda residencia o concello, ou que este sexa un lugar onde pasar a xubilación e non só os meses de verán.

Historia miniatura|Os concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar con cadansúa parroquia de Curtis. A historia do concello de Curtis está vencellada á de Sobrado e Vilasantar. Nestes concellos existen dúas parroquias co nome de Curtis: A Ciadella, antiga Ciadella de Curtis, en Sobrado e San Vicenzo de Curtis en Vilasantar.

Os concellos de Curtis, Vilasantar, Sobrado e algunhas terras máis formaban o condado de Présaras, un dos máis importantes dende a época sueva ata o século X. Curtis pasou a depender do mosteiro de Sobrado cando o fundaron os condes Hermenexildo e Paterna.

Curtis sufriu a chegada dos normandos na súa segunda incursión en Galiza (968-970). Comandados polo caudillo Gunrod chegaron a destruír a igrexa de Santa Eulalia:

“…a causa dos nosos pecados viñeron as xentes dos normandos á nosa terra e destruíron esta igrexa (Santa Eulalia de Curtis) e outras da comarca; os seus sacerdotes foron levados presos e pasados pola espada; o lume consumiu as escrituras, e as mesmas pedras pereceron pola lapas".Tombo de Sobrado nº 1, códice 976 B, folios 056r-058r Publica, Loscertales, documento 137

As catro parroquias que integran o actual concello pertencían a tres xurisdicións: Curtis, Fisteus e Sobrado. En 1812 creáronse os concellos de Curtis e Fisteus, vixentes ata 1814. En 1834 Curtis pasou a formar parte do partido xudicial de Arzúa, e os lindes actuais quedaron establecidos en 1836.

Sábese que nesta época o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.

miniatura|esquerda|Estación de ferrocarril.

Outra data importante na historia de Curtis, e a que achegaría un troco na estrutura agraria do concello, foi a construción da liña férrea Palencia-A Coruña inaugurada en 1883. A construción da estación de tren converteu a pequena aldea (o barrio de Bodeus) nun nó importante de comunicacións entre a meseta e Santiago de Compostela. Ata alí chegaban e saían os viaxeiros en tren. Facíase o transbordo cara a Compostela en carros e máis tarde en coche de liña. Dese crecemento xurdiu a necesidade de crear unha nova parroquia: Santa María de Lurdes creada en 1925, segregada da de Fisteus a iniciativa dos propios veciños.

miniatura|Casa tradicional.

A principios dos anos 1920 o escritor mexicano Manuel Toussaint foi un viaxeiro abandonado na estación que publicou: "... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos".Manuel Toussaint: "Obra literaria" Universidade Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-2017-5 1992, páx 236 Publicado primeiramente en Viajes alucinados. Rincones de España (1924). Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do lugar un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da guerra civil un grupo de personalidades republicanas que ían de Madrid para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas: La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1942-1956) Escolma de artigos. Consello da Cultura Galega. 2008, pax. 261 ISBN 978-84-96530-61-4.. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do concello un lugar inseguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena guerra civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a guerra civil, a posguerra estivo marcada polos escapados que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas, que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a Garda Civil, tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á ditadura franquista. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal"El alcalde del PP en Curtis suprimirá los nombres franquistas del callejero local" El País, 30 de outubro de 2008 ..

O concello aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona coas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris. 150px|miniatura|Cartel de Curtis sobre o nome de Lourdes.

Cultura Toponimia A orixe do topónimo de Curtis é incerta, podería vir de cohortis, pola lexión que había no campamento romano da Ciadella en Sobrado. De feito, A Ciadella era coñecida como Cidadelie de Curtis.Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Curtis aparece citado en 1199: