Annie Krauß, tamén referida como Anna Krauß, Anna Kraus, Annie Krauss e Anna Krauss, nada en Bogen, reino de Baviera (Imperio Alemán), o 27 de outubro de 1884 co nome de Anna Friese,Hai confusión nos rexistros sobre a data exacta de nacemento: algúns documentos mencionan o 27 de outubro de 1884, mentres que outros citan o 7 de maio de 1879. e finada o 5 de agosto de 1943, executada na prisión de Plötzensee, Berlín, foi unha adiviña e empresaria alemá que se converteu nunha loitadora contra o réxime nazi a través da súa asociación cun grupo de resistencia antifascista con sede en Berlín que máis tarde foi chamado Orquestra Vermella ("Rote Kapelle") pola Abwehr.

Traxectoria Anna Krauss era filla do granxeiro Johann Friese. En 1911, casou co húngaro Josef Krauss e tivo un fillo, Rudolf, nado en 1914. Josef Krauss foi asasinado na primeira guerra mundial, deixándoa viúva, e en 1920 foi vivir con Rudolf á da súa irmá, Magda Friese, nun apartamento en Berlín. Para gañar a vida dirixiu un taller de costura e nos anos 30 converteuse na propietaria dunha empresa grosista de pinturas e vernices.

Resistencia esquerda|miniatura|O grupo Schulze-Boysen en Alemaña|300x300pxA finais de 1938, Krauss acolleu á moza xudía de 22 anos, Sophie Kuh (de casada Sophie Templer-Kuh), que esperaba un visado británico. Ela fora a Berlín para visitar a embaixada británica para ampliar o seu visado. Sophie Templer-Kuh morreu en 2021, aos 104 anos.

En agosto de 1941, Libertas Schulze-Boysen [en] converteuse nunha cliente de Krauss logo de ser presentada polo xornalista Heinrich Karbe. A través de Schulze-Boysen, Krauss coñeceu a Toni Graudenz, esposa do seu veciño de Stahnsdorf John Graudenz. Krauss ofreceulle o seu apartamento para albergar dúas máquinas de mimeografía para producir folletos antinazis, coñecidos como AGIS, para o grupo. Moitos clientes de Krauss eran oficiais alemáns supersticiosos que buscaban consello e, ao describir as súas próximas campañas, ela pasaba os detalles a Schulze-Boyzen a través de Toni Graudenz, que actuaba de intermediario no papel de cutout.Na terminoloxía de espionaxe, o termo "cutout" ou "recorte" refírese a un intermediario que facilita a transferencia de información entre axentes sen revelar as súas identidades mutuas. Actúa como unha canle de comunicación que permite que a información flúa dun punto a outro mantendo o anonimato. O intermediario coñece só os puntos de orixe e destino da información, pero non a identidade dos axentes envolvidos, minimizando o risco de identificación e delación en caso de captura. Un destes oficiais alemáns era Erwin Gehrts, un coronel da Luftwaffe, interesado na metafísica e o ocultismo cunha vida marcada pola superstición. Visitaba regularmente a Krauss para pedir consello.

Krauss lía a sorte dos membros do grupo de resistencia para proporcionarlles e infundirlles unha determinación férrea. En estado de transo, describía o futuro político despois dos nazis.dereita|miniatura| Memorial a Anna Krauss|260x260px

Annie Krauss era membro de pleno dereito do grupo Schulze-Boysen e estaba plenamente informada de todas as súas actividades. Tamén participaba na distribución de panfletos e dípticos.

Detención e morte Krauss foi arrestada o 14 de setembro de 1942. Foi xulgada polo Reichskriegsgericht ("tribunal militar") e o 12 de febreiro de 1943 anunciouse que fora condenada a morte por "descompoñer a forza militar". A execución tivo lugar o 5 de agosto de 1943, no marco dunha execución en serie, na que foron guillotinadas 17 persoas, 3 homes e 14 mulleres.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Orquestra Vermella

Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en 1884 Categoría:Espías da segunda guerra mundial Categoría:Antifascismo Categoría:Nados en Baviera