Carlos García-Die Sánchez, nado en Barcelona o 7 de xullo de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Unionistas de Salamanca, da Primeira Federación.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Espanyol e do Damn, fichando en 2019 polo Cornellà. Tras unha campaña cedido no Terrasa, volveu a Cornellà de Llobregat en 2020, pasando a integrar o primeiro equipo.

O 4 de xullo de 2022 fíxose oficial a súa incorporación ao Cádiz CF para xogar no seu filial da Segunda Federación. O 30 de decembro dese mesmo ano debutou co primeiro equipo na Primeira División, disputando os minutos finais dun empate 1-1 ante o Almería.

Na tempada 2023/24 xogou cedido no Córdoba, da Primeira Federación.

Notas

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca