Le Rêve de d'Alembert (O soño de d'Alembert) é un conxunto de tres diálogos filosóficos cuxo autor foi Denis Diderot en 1769,Varloot, Jean. Introduction to "Le Rêve de d'Alembert," in Diderot, Denis. Œuvres Complètes. París: Hermann, 1975, vol. XVII, pp. 25--66 (pp. 25-27). que apareceu primeiro anonimamente na Correspondance littéraire, philosophique et critique entre agosto e novembro de 1782, pero non foi publicado comol tal ata 1830. Consta de:Tancock, Leonard, "Introduction to d'Alembert's Dream." In Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream, by Denis Diderot. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (p. 136). La Suite d'un entretien entre M. Diderot et M. d'Alembert (A continuación dunha conversación entre o señor Diderot e o señor d'Alembert) Le Rêve de d'Alembert (O soño de d'Alembert) Suite de l'entretien précédent (Continuación da conversación precedente). Diderot non lle deu nome ao conxunto destes tres diálogos, pero denomínanse tradicionalmente co nome do segundo e máis longo dos diálogos.Diderot, Denis, and Colas Duflot. Le Rêve de d'Alembert. París: Flammarion, 2002 (p.185, n.1).

Le Rêve de d'Alembert era unha das obras favoritas de Diderot, e concibírao como un dos seus textos filosóficos máis importantes.Wolfe, Charles T. and J.B. Shank, "Denis Diderot", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2019 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = https://plato.stanford.edu/archives/sum2019/entries/diderot/ . Nos diálogos, Diderot chega ao zénit do seu desenvolvemento de teorías materialistas. Aquí presenta a súa teoría da vida e a natureza, indicando que a materia non permanece fixa, senón que, ao contrario, está suxeita a evolución. Cada especie existente transfórmase e dá nacemento a unha nova especie.

Posteriormente crearía unha versión especial para a súa patrocinadora Catarina II de Rusia,BOURDIN, Jean-Claude. 2003. "Du Rêve de d'Alembert Aux Éléments de Physiologie : Discours Scientifique et Discours Spéculatif Dans Le Rêve de d'Alembert." Recherches Sur Diderot et Sur l'encyclopédie, no. 34 (xaneiro): 45–69. substituíndo os nomes de certos personaxes.

Introdución miniatura|Denis Diderot Diderot acabara a súa obra de 1756 Pensées sur l'interpretation de la nature (Pensamentos sobre a interpretación da Natureza) cunha lista de cuestións que permanecían sen resolver na súa investigación da orixe e natureza da vida orgánica. Nos seguintes quince anos estudou os coñecementos médicos recentes, interesándose polo traballo de Buffon, Albrecht von Haller, e Jean-Baptiste Robinet, discutindo de medicina cos médicos con cales estivo en contacto a través do seu séquito, como Antoine Petit, Théodore Tronchin e Théophile de Bordeu (que aparecerían despois como interlocutores nos diálogos), asistindo a un curso de cirurxía e examinando modelos anatómicos de anatomistas ilustradores como Marie Marguerite Bihéron.Vernière, Paul. "Introduction," in Denis Diderot and Paul Vernière, Le rêve de d'Alembert, Entretien Entre d'Alembert et Diderot, et Suite de l'entretien. Société des texts français modernes, París: M. Didier, 1951 (p. viii-x). Le Rêve de d'Alembert sintetiza o coñecemento obtido deses anos de estudo nun texto que ofrece respostas tentativas ás cuestións formuladas na súa obra inicial.Tancock, Leonard, "Introduction to d'Alembert's Dream." In Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream, by Denis Diderot. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (pp. 133-135).

Suxeriuse ademais que Le Rêve de d'Alembert estivo influenciado pola recente lectura que fixera Diderot de De rerum natura de Lucrecio, e o propio Diderot axudou a Nicolas La Grange na súa tradución de 1768 desa obra clásica.Smith, Ian H. "'Le rêve de d'Alembert' and 'De rerum natura.'" Journal of the Australasian Universities Modern Language Association; May 1, 1959; 0, 10. pp.128-134.Gigandet, Alain. "Lucrèce Vu En Songe. Diderot, Le Rêve De D'Alembert et le De Rerum Natura." Revue De Métaphysique Et De Morale, no. 3 (2002): 427-39. Diderot considerou orixinalmente utilizar unha ambientación antiga para a súa obra na que intervirían Leucipo, Demócrito e Hipócrates como interlocutores, pero optou finalmente por unha ambientación máis moderna para darlle máis verosimilitude.<ref>Vernière, Paul. "Introduction," in Denis Diderot and Paul Vernière, Le''' rêve de d'Alembert, Entretien Entre d'Alembert et Diderot, et Suite de l'entretien. Société des texts français modernes, París: M. Didier, 1951 (p. xii).</ref>

O texto circulou entre algúns dos asociados máis próximos de Diderot durante o ano 1769. Chegou a Julie de Lespinasse e d'Alembert, que se tomaron a mal ser utilizados como protagonistas das conversacións. A petición de d'Alembert, Diderot destruíu as súas copias dos diálogos,Vernière, Paul. "Introduction," in Denis Diderot and Paul Vernière, Le rêve de d'Alembert, Entretien Entre d'Alembert et Diderot, et Suite de l'entretien. Société des texts français modernes, París: M. Didier, 1951 (p. xvi). pero polo menos existía unha copia adicional en posesión de Friedrich Melchior, Baron von Grimm, editor da Correspondance littéraire.Tancock, Leonard, "Introduction to D’Alembert's Dream." In Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream, de Denis Diderot. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (pp. 135-136).Vernière, Paul. "Introduction," in Denis Diderot and Paul Vernière, Le rêve de d'Alembert, Entretien Entre d'Alembert et Diderot, et Suite de l'entretien. Société des texts français modernes, París: M. Didier, 1951 (p. xix). (Unha posibilidade que foi tamén suxerida é que Diderot conservasse secretamente unha copia na súa posesión.)Varloot, Jean. Introduction to "Le Rêve de d'Alembert," in Diderot, Denis. Œuvres Complètes. París: Hermann, 1975, vol. XVII, pp. 25--66 (p. 27).

O sucesor de Grimm convenceu a Diderot de permitir a circulación da obra na Correspondance littéraire en 1782, Julie de Lespinasse xa morrera en 1776 e d'Alembert retirárase case totalmente da vida pública e social. Despois da morte de Diderot en 1784, a súa filla, Marie Angélique de Vandeul, enviou os seus papeis a Catarina II de Rusia, de acordo cun acordo feito durante a vida de Diderot. Baseándose nunha copia manuscrita dos diálogos entre estes papeis, realizáronse as edicións impresas do libro, que comezaron en 1830. Despois de dscubrirse unha copia alternativa dos diálogos entre os papeis de Marie Angélique de Vandeul despois da súa morte, viuse que a copia enviada a Catarina II era unha copia defectuosa dun manuscrito anterior en mans de Diderot. Este manuscrito superior que quedara en posesión de de Vandeul ata a súa morte foi usado como base para as edicións dos diálogos desde 1951.Tancock, Leonard, "Introduction to d'Alembert's Dream." In Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream, by Denis Diderot. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (pp. 135-137).

Resumo

Primeiro diálogo

miniatura|Jean le Rond d'Alembert O diálogo ábrese cunha discusión que Diderot e d'Alembert están a ter na cal Diderot, ao argumentar en favor da súa idea materialistaTancock, Leonard, "Introduction to d'Alembert's Dream." In Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream, by Denis Diderot. Harmondsworth; New York [etc.]: Penguin, 1976 (p. 137) monistaDuflos, Colas. "Introduction," in Denis Diderot and Colas Duflot, Le Rêve de d'Alembert. París: Flammarion, 2002 (p.34). do Universo, afirma a súa crenza de que a sensación non está restrinxida a seres sensibles senón que é unha cualidade de toda materia. Na explicación de Diderot, a sensación é como enerxía. A enerxía pode existir nun estado potencial, como cando un obxecto está en repouso, ou, nun estado cinético, como cando un obxecto é realmente posto en movemento. De xeito similar, en opinión de Diderot, a sensación pode existir nun estado potencial (como nas substancias non vivas) ou nun estsdo real (como nos seres sensibles.) Un exemplo que Diderot ofrece é o mármore que, segundo el afirma, se se tritura e se engade ao solo, pode ser convertido en nutrientes polas plantas, que poden á súa vez ser comidas polos humanos, e así pasou a formar parte dun corpo sensible, materializando así o potencial orixinal do mármore nunha sensación. Tamén dá o exemplo das moléculas que acabaron por constituír as células sexuais da nai e pai de d'Alembert, que despois viñeron a formar parte do corpo de d'Alembert. Diderot aproveita a oportunidade con este último exemplo de ridiculizar a noción de xermes preexistentes (a noción de que as células sexuais conteñen todas as futuras xeracións incrustadas unha dentro da outra -similar ao concepto antigo de homúnculo-), avogando no seu lugar pola epixénese.Diderot, Denis and Leonard Tanock. Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (p. 235 n.4). 

Diderot, impulsado por preguntas que lle fai d'Alembert, segue explicando a súa concepción materialista do pensamento e a memoria. Asimilaba os órganos humanos a instrumentos musicais, cuxas fibras son probablemente como cordas simpáticas que vibran en resposta ás outras. Un pensamento causa a vibración de certas fibras, e a vibración desas fibras pode causar a vibración doutras fibras. Esta é a explicación de Diderot da asociación de ideas. A memoria explícase por medio dunha comparación cunha corda que continúa vibrando incluso despois de que outras cordas acabasen de vibrar. Así, tanto a sensación coma o pensamento explícanse se facer referencia á intervención de ningunha forza inmaterial.

O diálogo remata cando os dous amigos chegan ao apartamento de d'Alembert's e danse a boa noite.

Segundo diálogo O segundo diálogo ten lugar a seguinte mañá no apartamento de d'Alembert, onde d'Alembert que estaba durmindo é mostrado a Mademoiselle de Lespinasse. Ela chamou ao doutor Bordeu, e explicoulle ao doutor que d'Alembert volvera a noite anterior nun estado axitado, e que cando foi durmir empezou a soñar, baballoando sen espertar sobre algúns temas que se trataran na conversación con Diderot.

Ela escribiu o que el dixo mentres soñaba, e o resto dos diálogos toman a forma dunha conversación entre Lespinasse e Bordeu, na cal ela a miúdo lía as súas notas do soniloquio de d'Alembert, con intervencións ocasionais de d'Alembert durmido ou esperto.

O primeiro problema que se trata é o da unidade dos organismos multicelulres. Como pode a unificación de moitas células diminutas sumarse dando un ser cun sentido de individualidade, como un ser humano? As explicacións tradicionais fan referencia á alma,Diderot, Denis, and Colas Duflot. Le Rêve de d'Alembert. París: Flammarion, 2002 (p.195 n.56). mais este diálogo intenta ofrecer unha explicación materialista. Entre os tres interlocutores, o exemplo que se ofrece é o dun grupo de abellas sobre unha póla dunha árbore, no cal estimular unha abella incita que as outras abellas se movan e estimulen as súas veciñas, as cales se moven á súa vez, e así sucesivamente, de tal xeito que o grupo como un todo reacciona á estimulación de calquera parte del. Nese momento, nun aparte, d'Alembert, que está soñando, expresa o seu apoio á teoría de John Turberville Needham da xeración espontánea,Diderot, Denis and Leonard Tanock. Rameau's Nephew and D'Alembert's Dream. Harmondsworth; Nova York [etc.]: Penguin, 1976 (p. 235 n.10). que explicaría a existencia da vida sen a necesidade de intervención divina.