Hendiatris ( hen-DY -ət-riss; do grego antigo ἓν διὰ τρία) é unha figura retórica que se usa para salientar, na que se usan tres palabras para expresar unha idea. Gregory T. Howard, Dictionary of Rhetorical Terms, p. 115 As frases "sol, mar e area" e ou "Citius, Altius, Fortius" son exemplos disto.

Historia A divisa tripartita é un lema, eslogan ou frase publicitaria que se emprega nesta forma.

Na ensinanza retórica, estas iteracións tripartitas marcaban o ritmo clásico do estilo de Cicerón, exemplificado polas triplas preguntas retóricas na súa primeira Oración Contra Catilina. Hai exemplos notables desde a Antigüidade até a Idade Contemporánea, que inclúen "Life, Liberty and the pursuit of Happiness" ("Vida, liberdade e a busca da felicidade") da Declaración de Independencia dos EUA, os ditos de Xesús Cristo "Via, Veritas, Vita" ("o camiño, a verdade e a vida"), o "Veni, vidi, vici" ("cheguei, vin, vencín") de Xulio César, o lema da República Francesa "Liberté, Egalité, Fraternité" etc.

dereita|miniatura|205x205px| Pin da época vitoriana de veludo vermello e dourado do Royal Military College of Canada "Truth, Duty, Valour" ("Verdade, deber, valor")

Exemplos No Canadá, utilízase o lema "paz, orde e bo goberno", orixinalmente atopado na Constitución do Canadá de 1867.

A forma foi tamén empregada de maneira creativa en diferentes contextos, repetindo a palabra tres veces, como os tres requisitos do mercado inmobiliario ("Localización, Localización, Localización") e como Tony Blair expresou as súas prioridades políticas como "educación, educación e educación" ou Julio Anguita "programa, programa, programa".

Outros exemplos son:

"Citius, Altius, Fortius" ("Máis rápido, máis alto, máis forte") é o lema olímpico oficial "Fe, esperanza e caridade" (virtudes teolóxicas) "Xogo, set e partido" (usado en deportes con diversos sets, como o tenis ou voleibol) "Ouro, incenso e mirra", os agasallos bíblicos dos Reis Magos "Deus, familia e país" "Deus, nai e pastel de mazá" "Reducir, reutilizar, reciclar" "Sangue, suor e lágrimas", versión breve da expresión "sangue, esforzo, suor e lágrimas" (en inglés blood, toil, tears and sweat) pronunciada por Winston Churchill nun discurso. "Rum, sodomy and the lash", unha caracterización da tradición da Royal Navy atribuída (probabelmente falsamente) a Churchill, utilizada pola banda inglesa The Pogues para o título do seu segundo álbum. " Wine, women and song ", unha frase de Johann Heinrich Voss (1751–1826), e a súa variante moderna "Sexo, drogas e rock'n'roll" (adaptada en múltiples ocasións, como no filme Sex, Lies and Videotape) Women, Fire, and Dangerous Things, un libro do lingüista cognitivo George Lakoff sobre categorización e metáfora "Honor, pride and courage" ("Honor, Orgullo, Coraxe", o lema oficial do equipo de hóckey sobre xeo de Toronto Maple Leafs).

... e moitos outros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lema

Categoría:Retórica e figuras da lingua