Alfredo Baltar Gómez, nado en San Miguel de Negradas (O Vicedo) en 1900 e finado en Buenos Aires en 1990, foi un político galego.

Traxectoria Viviu de neno en Ferrol. Emigrou a Cuba con 17 anos. Estudou no Centro Gallego de La Habana. Socialista marxista, militou no movemento obreiro cubano e foi dirixente do Sindicato de Dependientes de Café de La Habana. Abandonou Cuba en 1927 e viviu en Madrid e Barcelona. Marchou a Arxentina en 1930 e integrouse no Comité Puenteareano e na Sociedad de Riobarba,Vida Gallega, 10-12-1930, p. 49. e fixo amizade con Vicente Paz Infante e José Cobelo. Fundou o Centro Renovación de Ponteareas en 1935, do que foi dirixente moitos anos. Tamén pertenceu ás sociedades de Riobarba, Salvatierra de Miño e Amigos de la Cooperación. Dirixiu a revista Progreso da Unión de Cortadores de Confección e foi axente de seguros. Dende a súa chegada a Arxentina integrouse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires colaborando no seu órgano Acción Gallega, onde publicou tamén algúns poemas.

Pasou despois á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Escribiu en Galicia dende 1938 e foi un dos patrocinadores da lista Republicana de Izquierda en 1939. Elixido secretario xeral da Federación en 1940, foi o encargado de recibir a Castelao á súa chegada a Arxentina. Dende 1941 ata 1960 pertenceu á redacción de Galicia, moitas veces como director;Pueblo Gallego, 15-7-1941, p. 6. alí apareceron artigos seus asinados co pseudónimo León Rojo. Formou parte da alianza socialista-comunista dirixida por Gerardo Díaz, da que tomou distancia na década de 1950. En 1952 participou da Peña Federal. Integrou a xunta executiva con Antonio Alonso en 1955. Volveu dirixir Galicia entre 1972 e 1973. Pertenceu á directiva do Centro Gallego de Buenos Aires, dirixiu o seu órgano Galicia e presidiu o Instituto Argentino de Cultura Gallega. Na década de 1970 participou na rodaxe do documental Castelao (Biografía de un ilustre gallego), poñendo voz a Castelao. Apoiou a xestión presidencial de Raúl Alfonsín.

Recoñecementos

Recibiu homenaxes na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina en 1979 e 1989. Vida persoal

Casou en 1940.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alfredo Baltar, sindicalista de O Vicedo en Cuba y Argentina, y referente gallego Paz, Cobelo, Baltar y la sociedad de Riobarba que recaudó fondos para la República

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Nados no Vicedo

Categoría:Nados en 1900

Categoría:Finados en 1990