O parque forestal de San Miguel de Oia é un parque situado na parroquia homónima da cidade de Vigo. Ten uns 39.737 metros cadrados de extensión, e está situado nos terreos do monte comunal. Conta con diversas zonas recreativas, así como diversas especies arbóreas autóctonas de bosque caduco, como carballos e bidueiros, así como castiñeiros de indias, tuias ou cryptomerias. Conserva aínda algún tramo do antigo camiño empedrado entre Vigo e Baiona. Ao seu través, discorre a ruta de sendeirismo GR 53, unha ruta circular de 6 quilómetros.

Usos

O parque forestal de San Miguel de Oia ten diferentes instalacións recreativas, entre as que destacan unha zona de acampada, unha zona de mesas e barbacoas, unha fonte e un miradoiro.

Accesos O acceso ao parque forestal pode realizarse en automóbil privado ou público. Existen varias liñas de autobús que parten de diferentes áreas de Vigo, como as liñas L11 e L12A.

En automóbil privado, o acceso realízase pola estrada C-550 en dirección a Baiona.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parques de Vigo

Categoría:Parques de Vigo