Jonathan Bamba, nado en Alfortville (Illa de Francia, Francia) o 26 de marzo de 1996, é un futbolista franco-marfileño. Xoga de centrocampista e o seu equipo é o R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.
Traxectoria Saint-Étienne Bamba comezou nas inferiores do Saint-Étienne en 2011.
Debutou na Ligue 1 o 25 de xaneiro de 2015 contra o Paris Saint-Germain, cando entrou no minuto 82 por Yohan Mollo na derrota en casa por 1-0. Anotou o seu primeiro gol para o club o 20 de setembro de 2015 ao Nantes na vitoria por 2-0 de local.
O 18 de xaneiro de 2016 foi cedido ao París FC ata o termo da tempada. Na tempada 2016-17 foi enviado a préstamo ao Sint-Truidense de Bélxica. Con todo, regresou ao club francés na xanela de fichaxes doverán. O 4 de xaneiro de 2017, Bamba fichou polo Angers de Ligue 1 como cedido.
Lille O 2 de xullo de 2018 fichou polo Lille O. S. C. por cinco anos. Debutou co Lille o 11 de agosto de 2018 e anotou o terceiro gol na vitoria por 3-1 sobre o Stade Rennais. O 30 de setembro anotou dous goles no últimos seis minutos de encontro na vitoria en casa perante o Olympique de Marsella por 3-0. O centrocampista foi parte do tridente ofensivo xunto a Nicoles Pépé e Jonathan Ikoné, que foi denominada "BIP-BIP", nunha gran tempada do Lille ese ano. Bamba anotou 13 goles en total en Ligue 1 esa tempada 2018-19 que asegurou o segundo lugar na táboa final e a clasificación para a liga de Campións 2019-20.
Durante esas cinco tempadas disputou 200 partidos nos que conseguiu 29 tantos e axudou ao club para conquistar a Ligue 1 2020-21.
Celta de Vigo O 18 de xullo de 2023 fichou polo Celta de Vigo por tres anos. Chegou libre tras expirar o seu contrato co Lille O. S.
Palmarés Títulos nacionais Título Club País AnoLigue 1 Lille O. S. C.2020-21Supercopa de FranciaLille O. S. C.2021
Títulos internacionais Título Equipo Sede AnoCopa Africana de Nacións2023
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en París Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo