Welkom é unha cidade de Suráfrica que pertence á provincia do Estado Libre. Dende o ano 2000 forma parte do municipio de Matjhabeng,Páxina web de Matjhabeng resultado da fusión con outros cinco concellos. Segundo o censo en 2011 tiña 64.130 habitantes.Censo de Welkom en 2011 A localidade está rodeada de minas de ouro. Deportes O recinto deportivo máis importante de Welkom é o circuíto de Phakisa, que acolleu o Gran Premio de Motociclismo da República Surafricana entre 1999 e 2004.Circuíto de Phakisa en RacingCircuits
Os Griffons son un equipo profesional de rugby fundado en 1968 que participa cada ano na Currie Cup representando á rexión do norte do Estado Libre, e que ten gañado o campionato de segunda división en 2008, 2014, 2016, 2017 e 2022.Páxina web dos Griffons O equipo disputa os seus encontros no North West Stadium que ten capacidade para 8.500 seareiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bloemfontein
Categoría:Cidades de Suráfrica