Luis Pastor, nado en Berzocana (Cáceres o 9 de xuño de 1952 e criado en Vallecas (Madrid), é un cantautor español.

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.

Traxectoria Comezou coa canción protesta, pero a partir de 1981 deu un cambio no seu estilo cara a unha música máis variada. Un dos discos que o lanzou á fama foi "vallecas" co tema "vengan a ver", onde se describía a situación precaria do barrio onde se criou.

Discografía "La huelga del ocio, Con dos años" (1972). Single, Als 4 Vents. "Luis Pastor" (1973). Single, Als 4 Vents. "Fidelidad" (1975). Movieplay. "Vallecas" (1976). Movieplay. "Nacimos para ser libres" (1977). Movieplay. "Amanecer" (1981). Movieplay. "Coplas del ciego" (1983). RCA. "Nada es real" (1985). Fonomusic. "Por la luna de tu cuerpo" (1986). Fonomusic. "Aguas abril" (1988). Poligram. "Directo" (1991). Pasión. "La Torre de Babel" (1994). Fonomusic. "Flor de Jara I, Directo Mérida" (1995). Flor de Jara. "Flor de Jara II, La Torre de Babel" (1995). Flor de Jara. "Diario de a bordo" (1996). Edición da revista El Europeo. "Por el mar de mi mano", (1998). Edición da revista El Europeo. "Piedra de sol" (2000). Edición da revista El Europeo. "Soy" (2002). Edición da revista El Europeo. "Pásalo" (2004). 52 PM 16. "Dúos" (2006). Ariola.

Notas

Categoría:Cantautores de Estremadura Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Berzocana Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes