Sleeper é o sexto álbum de estudio do músico estadounidense de indie rock Ty Segall, publicado o 20 de agosto de 2013 a través do selo Drag City. Gravado entre xaneiro e marzo de 2013, o disco ten principalmente composicións acústicas de folk psicódelico e está influenciado pola morte do pai de Segall e o seu posterior afastamento da súa nai.
Tras o lanzamento do álbum, Segall sinalou: "Non estaba nun bo momento. Pasara por cousas difíciles, como a morte do meu pai, e tamén estaba pasando por algúns problemas de relación. Ademais, estaba tendo todos estes soños horribles. Uns sobre o sono e a morte, e a partir de aí escribiría cousas. Non é realmente como o que fago. É máis brutal para min".
O álbum destaca por ser o primeiro sen un sinxelo promocional desde o álbum debut homónimo de Segall. Aínda así, en novembro de 2013, lanzouse un vídeo oficial para "The Man Man".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Ty Segall Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de Drag City